AGESTIC

Axudas a investimentos tecnolóxicos das PEMES 2012

Proxectos de investimento tecnolóxico das pemes cando creen emprego cun investimento subvencionable entre 100.000 € e 500.000 €

Tipo de apoio: Axuda a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.

Conceptos subvencionables:

a) Bens de equipamento de carácter tecnolóxico: maquinaria de proceso, instalacións específicas necesarias para a súa implantación, elementos de transporte interior, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento ligados ao proxecto.

b) Adquisición de propiedade intelectual e industrial que poderá incluír licenzas de fabricación e patentes.

Beneficiarios potenciais As pemes que teñan radicado algún centro de actividade de carácter permanente na Comunidade Autónoma de Galicia

Sectores incentivables: O proxecto subvencionable deberá, en todo caso, estar vinculado á consolidación ou posta en marcha dalgunha das seguintes actividades, independentemente de calquera outra que, ademais, desempeñe o solicitante:

a) A extracción, procesamento, transformación ou produción de minerais, produtos enerxéticos ou os seus derivados.

b) A industria.

c) Actividades de electrónica, biotecnoloxía, robótica, audiovisual, telemática, telecomunicación e calquera outra de avanzada tecnoloxía.

d) As actividades de eliminación, valorización ou reciclaxe de residuos.

e) Servizos auxiliares á industria.

f) Tamén poderán ser incentivados, con especial consideración, os investimentos tecnolóxicos para a creación ou ampliación de centros de desenvolvemento, investigación, ensaios ou laboratorios, xunto con instalacións piloto e experimentación de novas tecnoloxías, vinculados ás empresas cuxa actividade principal sexa subvencionable.

Requisitos principais do proxecto:

a) Os proxectos subvencionables terán que acreditar a súa viabilidade técnica, económica, financeira e, se é o caso, medioambiental.

b) O beneficiario deberá achegar unha contribución financeira, exenta de calquera tipo de apoio público, de polo menos un 25% dos custos, xa sexa mediante os seus recursos propios ou mediante financiamento externo.

c) Os proxectos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude no Igape. Un solicitante só poderá presentar unha solicitude por convocatoria. Para ser subvencionables os proxectos deberán comprometerse á creación de polo menos 1 novo emprego

Contía das axudas Mínimo dun 10% e ata un máximo de axuda do 40% sobre os gastos subvencionables.

Prazo de presentación de solicitudes finaliza o 04/06/2012

Toda a información