AGESTIC

Programa de Axudas Municipais do Concello de Vigo á creación de empresas

Obxecto: Axudas a fondo perdido para subvencionar parte dos gastos da posta en marcha e do funcionamento da empresa durante os primeiros meses de actividade:

  • Gastos de constitución e apertura
  • Existencias iniciais de mercadorías
  • Gastos de arrendamento de locais
  • Subministracións e gastos correntes
  • Primas de seguros
  • Dereitos de propiedade industrial

Beneficiarios: Os/as empresarios/as individuais e as pequenas e medianas empresas, independentemente da súa forma xurídica, que tivesen iniciado a súa actividade empresarial entre o 1 de xuño de 2010 e o 31 de maio de 2011 (entendendo por inicio de actividade a alta no I.A.E.).

Prazo de presentación de solicitudes: Rematará o día 1 de agosto de 2011.

Máis información -pdf- (enlace externo a AGESTIC)

Fonte: UPD Coordina Local