AGESTIC

Bemus: nova plataforma galega para facer máis eficaz a xestión empresarial

A firma galega Sinapsys, con sede en Vigo, está a presentar estes días unha ferramenta de xestión propia de seu dirixida a favorecer o manexo e o control dos datos da maneira máis áxil, cómoda, eficaz e segura posible. Falamos da plataforma Bemus.eu, a xuízo de Sinapsys unha alternativa viable para reducir ao máximo todo o que de burocrático e de tramitativo se dá nos procesos de xestión e de control da organización. Dáse ademais a casualidade de que Bemus.eu é un engadido subvencionable para as empresas galegas, tal como se sinala nas bases da convocatoria de subvencións a proxectos que o IGAPE vén de publicar, proxectos (por outra banda) dirixidos a mellorar a organización interna da produción, a relación cos clientes ou as cuestións medioambientais ...

Fonte: Código Cero Ler máis