AGESTIC

Biblioteca práctica de innovación de Galicia. Recursos formativos gratuitos para aprender a innovar

A Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Galego de Promoción Económica, pon a disposición dos empresarios e emprendedores galegos a Biblioteca práctica de innovación de Galicia, un interesante recurso de formación baseado no convencemento de que a difusión de ideas innovadoras é un paso previo necesario para facilitar un avance firme e sustentable na competitividade das empresas. A biblioteca aborda catro temáticas interrelacionadas: a xestión da innovación, a tecnoloxía, o financiamento da innovación e o capital humano e a creatividade neste ámbito.

A biblioteca práctica de innovación de Galicia, “Aprende a Innovar”, está xa a disposición dos empresarios e emprendedores galegos que desexen descargar os exemplares en formato dixital, tanto para Ipad como en formato de libro electrónico ou como pdf.

As descargas, gratuítas, pódense facer tanto en galego como en castelán. Para facelo, unicamente é necesario rexistrarse como usuario na web do Igape.

Títulos dispoñibles

Fonte: IGAPE