AGESTIC

O CDT inaugurado en Santiago contribuirá á creación dunha imaxe de marca TIC 100% galega

Amais de consolidarse como escenario para a visualización do noso software libre empresarial, o Centro Demostrador TIC de Galicia (inaugurado este luns sobre o alicerce do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia de Santiago, o CNTG) será un apoio de primeira liña para a creación dunha imaxe propia de marca con potencial para contribuír ao espallamento das nosas empresas do sector tecnolóxico-dixital alén do noso ámbito xeográfico. Así o fixo saber perante os medios o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, quen enumerou algunhas das principais características deste espazo para a promoción dos nosos produtos e para a colaboración entre empresas, un espazo que xa conta con 52 firmas e un instituto tecnolóxico, todas elas dispostas xa a amosar polo miúdo 200 produtos e 27 servizos TIC, abranguendo vantaxes e beneficios para tódolos sectores ...

Fonte: Código Cero Ler máis