AGESTIC

O Centro Demostrador TIC de Galicia acolleu a presentación de dezanove solucións tecnolóxicas galegas desde a súa inauguración

Desde a posta en marcha do Centro Demostrador TIC no mes de xullo, un total de 17 empresas TIC galegas presentaron as súas solucións tecnolóxicas no centro e máis de 200 profesionais participaron nas súas actividades e se achegaron coñecer as súas instalacións. En total foron 19 as solucións tecnolóxicas presentadas no CDTIC nos últimos cinco meses, o que pon de manifesto o esforzo e a potencialidade das empresas TIC da Comunidade. A valoración que estas fixeron do centro tras a súa participación como entidades demostradoras foi moi positiva: un 37% das empresas expresaron un grao de satisfacción moi alto e un 47% alto. En canto ás empresas asistentes, o 11% pertencen ao sector TIC, pero tamén estiveron representados outros sectores como o da administración pública (7%), o sanitario (3%), o audiovisual (4%), o da metalurxia (3%) e o de transporte e loxística (2%), entre outros...

Fonte: IMIT Ler máis