AGESTIC

Coremain fortalece o proxecto Videoguard coa súa bagaxe en plataformas de xestión

A firma Coremain é a líder da vertente empresarial do proxecto Videoguard, o que significa que está á fronte do consorcio formado por Retegal, TRC e Bastet. Esta é parte empresarial dunha alianza na que tamén se integran o centro tecnolóxico Gradiant, achegando toda a súa longa experiencia en análise de vídeo e deseño de software, e máis a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), a Consellería de Medio Rural e Mar e a Axencia Galega de Innovación. Como lembraremos, Videoguard diríxese a dar forma a un sistema de videovixilancia intelixente para a prevención e persecución da pesca e do marisqueo ilegal na nosa costa. No caso concreto desta iniciativa galega, Coremain subministra xestión global e responsabilízase das tarefas relacionadas coas plataformas de xestión...

Fonte: Cógico Cero Ler máis