AGESTIC

En Galicia, existen 3.346 autónomos dedicados ao sector TIC

Máis do 60% dos integrantes deste colectivo centra a súa actividade profesional na reparación de equipos informáticos e na edición de programas informáticos e videoxogos. En segundo lugar, cunha porcentaxe do 28,3% están os que se dedican a actividades informáticas, portais web e procesamento de datos. As actividades comerciais TIC empregan ao 7,5% dos autónomos e as de telecomunicacións ao 3,1%.

En termos xerais, nos últimos tres anos obsérvase un incremento dos autónomos do sector que desempeñan actividades comerciais ou actividades informáticas, deseño de portais web e procesamento de datos. As cifras tamén amosan que, ao igual que nas empresas do sector, persiste a fenda de xénero, xa que as mulleres representan o 29% dos autónomos TIC.

Fonte: OSIMGA Ler máis