AGESTIC

Grande éxito de convocatoria na celebración conxunta da LaconNetwork e os Premios EGANET

A edición de xaneiro da LaconNetwork, encontro gastronómico que ten lugar os derradeiros venres de cada mes para xuntar a emprendedores e profesionais do sector TIC galego para facer networking en distintas ubicacións da nosa xeografía, adiouse durante a celebración do seu 3º aniversario para poder coincidir hoxe co acto de entrega dos Premios de EGANET, cos que a Asociación de Empresas Galegas Dedicadas á Internet e ás Novas Tecnoloxías recoñece a distintos proxectos desenvolvidos na nosa comunidade, e a coincidencia de ambos eventos reverteu nun grande éxito de público, con máis de 300 asistentes que destacaban pola súa riqueza, estando representada unha boa parte do colectivo profesional tecnolóxico galego, que pese á conxuntura económica desfavorable continúa a dinamizarse para sortear as dificultades en boa medida coas sinerxías que xorden dos encontros presenciais que proliferaron nos últimos anos...

Fuente: Código Cero Leer más