AGESTIC

II Congreso Ibérico de Ingenieros Jóvenes Emprendedores CIJE 14

II Congreso Ibérico de Ingenieros Jóvenes Emprendedores CIJE 14

O vindeiro día 21 de marzo na Coruña, terá lugar o "II Congreso Ibérico de Ingenieros Jóvenes Emprendedores CIJE'14", que diversos colexios de enxeñerías de Galicia coorganizan xunto coa Ordem dos Engenheiros de Portugal, como son o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia, o Ilustre Colegio Oficial de Ingenieros Industriales de Galicia, o Colegio Oficial de Ingenieros de Minas del Noroeste e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia.

Ademais de inscribirse como asistente, existe a posibilidade de participar presentando comunicacións e posters ao Congreso. Pode consultar toda a información relativa na nosa web www.aetg.org. O prazo de recepción das comunicacións e dos posters remata o vindeiro 20/02/2014.