AGESTIC

Nova programación de cursos do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia para a volta de setembro

A oferta formativa a desenvolver, impartida por profesorado técnico experto e certificado, fará especial fincapé naquelas metodoloxías e produtos tecnolóxicos consolidados e con alta demanda no mercado laboral das TI, así como naquelas solucións emerxentes chamadas a ocupar unha posición destacada no sector TIC.

Neste senso a programación que a través deste documento presentamos oferta actividades relacionadas coas diversas áreas tecnolóxicas do sector (desenvolvemento e programación, seguridade, administración de sistemas e de bases de datos, cloud ...), renovando e actualizando contidos en relación con grellas formativas anteriores.

Salientar tres liñas de actuación da programación 2014/2015:

  • Importante salto de nivel cualitativo na formación de perfís profesionais orientados á xestión de proxectos ao incorporar, por primeira vez, a certificación PMP de PMI como valor engadido dun curso. Serán 40 prazas a cubrir en dúas edicións orientadas a dar coñecer a contorna de boas prácticas sobre xestión de proxectos desenvolvida por PMI.
  • Especial atención á área de programación e desenvolvemento en base aos bos indicadores de demanda laboral existentes neste eido. Os cursos incluirán referencias a distintas tecnoloxías (Java, ASP. NET, PHP), solucións de mobilidade (HTML5, Android, iOS sobre equipas Apple, PhoneGap), testeo, control de versións, axilismo etc .
  • Importante presenza de Big Data no cadro de cursos a impartir que incluirá cinco accións formativas relacionadas con esta temática: Big Data Hadoop, sobre desenvolvemento de aplicacións para o procesado masivo de datos; Big Data Real Time, orientado a identificar eventos significativos nunha avalancha de acontecementos e realizar accións en tempo real; análise de datos e HBase con Cloudera e, finalmente, bases de datos NoSQL MongoDB para o tratamento de datos estruturados e non estruturados.

Ver todos los cursos y más información (pdf)