AGESTIC

O CESGA celebrou o Día das Rapazas nas TIC amosando propostas para equilibrar a balanza de xénero no sector

emprendedoras tic

Por desgraza o mundo das TIC segue a ser un mundo maioritariamente de homes. A nivel empresarial as cousas están así e a nivel educativo a situación tampouco é moi diferente. Unha vez máis, os culpábeis desta situación somos todos en maior ou menor medida, contribuíndo á permanencia de estereotipos que non responden a nada, e que comezan a presentárselles ás nenas e aos nenos dende idades ben temperás (cóntanse por centos os debuxos animados de máis audiencia que ofrecen roles femininos machistas e tradicionais). Dende a iniciativa europea ICT-Go-Girls, coordinada polo Centro de Supercomputación de Galicia, quérese inverter esta situación. E como facelo? Pois activando recursos dende a raizame desta discriminación: o ámbito educativo. Hoxe mesmo celebrouse na sede do CESGA o Día Internacional das Rapazas das TIC (Girls in ICT Day 2014) e ao abeiro da cita amosáronse múltiples exemplos de ideas preconcibidas que cómpre derrubar...

Fonte: Código Cero Ler máis