O uso das TIC para a integración laboral das persoas con discapacidade na empresa galega.
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia ten o mandado de incorporar a toda a poboación galega á Sociedade da Información e o Coñecemento. Esta obriga adquire especial relevancia cando os cidadáns forman parte dos colectivos considerados en risco de exclusión ou presentan especiais dificultades de acceso á comunicación e á tecnoloxía. É por iso que esta Secretaría Xeral está plenamente incorporada ao liderado das estratexias que pretenden eliminar a fenda dixital en Galicia, promovendo a través das Tecnoloxías da Información e da Comunicación maiores estándares de accesibilidade e de autonomía persoal para toda a cidadanía e especificamente para as persoas con discapacidade ... seguir lendo o resto do informe -PDF- "O uso das TIC para a integración laboral das persoas con discapacidade na empresa galega.", enlace externo a AGESTIC

