AGESTIC

Obradoiro de "Habilidades directivas" para directivos de empresas TIC

reunión

Os próximos días 15 e 16 de Maio, de 16.00 a 20.00 h terá lugar no CDTIC o obradoiro de "Habilidades Directivas" organizado pola AMTEGA.

Dirixido a directivos de empresas TIC, ten por obxectivo facilitar aos directivos o coñecemento das competencias e habilidades básicas para mellorar a interacción con outras persoas, sexa o seu propio equipo de traballo, clientes, provedores, axentes sociais; coñecer estratexias e técnicas de negociación, mellorando a comunicación en público, o liderado e a motivación. PROGRAMA

As contornas laborais e a súa xestión emocional. Intelixencia técnica vs. emocional Competencias emocionais Personalidade laboral e perfís de liderado O coaching como ferramenta de desenvolvemento persoal e profesional Habilidades relacionais básicas para a xestión emocional en contornas laborais...

IMPARTE D. Alberto Mariño Fernández, Psicólogo (Universidade Complutense) Máster en Recursos Humanos (Escola de Negocios Novacaixagalicia) Coach Profesional Senior Certificado (Aecop). Vicepresidente de Aecop Galicia Consultor de Organización e Recursos Humanos. Orientador Educativo Director de Programas en Ourense da Escola de Negocios Novacaixagalicia Profesor Colaborador e Coach na Escola Enxeñeiros Industriais da Universidade de Vigo.

Aforo limitado e inscricións ata o 13 de maio de 2014