AGESTIC

Pleiteando.com lanza a súa beta pública

Logotipo de pleiteando.com

A primeira rede social xurídica de fala hispana, Pleiteando.com, lanzou dende Lugo a súa beta pública, , co que xa poden unirse a ela todos os internautas que queiran formular e resolver problemas legais, establecer contactos profesionais, compartir os seus problemas de tipo xurídico con xente que estivera ou que estea nunha situación similar e tamén facer uso dos servizos legais dispoñibles.

Pleiteando.com é un proxecto empresarial moi innovador que xerminou no viveiro de empresas da Fundación CEL en febreiro do 2009 e que, tras o proceso de planificación e un lanzamento en proba da rede en fase beta privada recollendo suxestións, chega por fin á comunidade de internautas.

As súas tres funcionalidades máis destacadas son a rede social propiamente dita para crear contactos profesionais e persoais, o foro de discusión para cuestións legais e xurídicas e, como novidade, a posibilidade de crear grupos específicos en torno a intereses comunes. De feito, xa están operativos algúns sobre protección de datos, web 2.0, comercio electrónico ou dereito do consumo, por exemplo.

Outras innovacións introducidas permítenlle a Pleiteando que os usuarios vinculen o seu perfil a outras redes sociais como Twiter ou Facebook, establezan seguimentos RSS das consultas, escriban no blog ou coñezan as noticias máis relevantes de España, América do Sur, Norteamérica e Centroamérica.

Fonte: Fundación CEL