AGESTIC

Presentación no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia do proxecto linktoStart da fundación INLEA.

O día 9 de xuño ás 12:00 horas, no salón de actos do Centro de Novas Tecnoloxías da Consellería de Traballo e Benestar, terá lugar a presentación do proxecto linktoStart da Fundación INLEA.

Trátase dunha iniciativa pionera dirixida a emprendedores do sector TIC e orientada a prestar apoio no desenvolvemento de liñas de negocio, obter financiamento e asegurar a viabilidade de proxectos cuxo valor estratéxico sexa o uso das TIC.

Pode participar no proxecto calquera persoa que realizase algún curso no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, estea vencellada cunha “Cisco Networking Academy” ou teña unha idea de negocio coas TIC como valor estratéxico. Non é necesario estar a realizar algún curso de Cisco.

Colaboran no desenvolvemento do proxecto, a maiores da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar, as empresas ou entidades Cisco Systems, Caja Navarra e La Caixa.

A orde do día prevista é a seguinte:

  • 12:00 Apertura do acto a cargo da Conselleira de Traballo e Benestar, dna. Beatriz Mato Otero.
  • 12:10 Presentación do programa para emprendedores linktoStart por parte do Sr.Xavier Simó, Director Xerente da Fundación INLEA.
  • 12:45 Presentación da metodología TIC de linktoStart mediante conexión en directo vía Webex coa Sra. Isabel Pagonabarraga, “Product Manager” de linktoStart.
  • 13:15 Dúbidas e preguntas

Para obter máis información sobre a iniciativa Link to Start consulte a páxina http://www.linktostart.com/eo/

Para rexistrarse no evento acceda á sección novas destacadas do portal web do CNTG, http://cntg.xunta.es , ou ao site web da Fundación Inlea, http://www.inlea.org/web/guest/home

Fuente: CNTG