AGESTIC

Presentación oficial da estratexia que guiará a política de I+D+i en Galicia: RIS3 Galicia

robot

A Xunta de Galicia , a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), presentará o martes 25 de marzo en Santiago de Compostela a súa Estratexia de Especialización Intelixente RIS3 Galicia, como estratexia que guiará a política de I+D+i da nosa comunidade no periodo 2014-2020 e que estará dotada cun orzamento total de máis de 1.600 millóns de euros.

No acto intervirán o comisario europeo de Política Territorial, Johannes Hahn, o ministro de Economía e Competitividade, Luis de Guindos Jurado, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde López.

A elaboración desta estratexia responde a unha esixencia da Comisión Europea, cara as rexións e os Estados membros que desexen optar a fondos estruturais neste periodo orzamentario, de identificar as áreas de especialización susceptibles de recibir financiamento comunitario para a realización de proxectos de I+D, innovación e TIC e, deste xeito, racionalizar o uso dos recursos públicos e privados, conseguindo unha maior eficiencia i eficacia.

Galicia culminou esta tarefa de definición estratéxica despois dun amplo proceso de elaboración que partiu a mediados do ano 2012 e no que participaron arredor de 200 axentes do Sistema Galego de Innovación. Froito deste proceso definiuse unha visión compartida, identificáronse unhas vantaxes competitivas, establecéronse retos e prioridades estratéxicas e definiuse un plan de acción concreto.

A asistencia ao acto é aberta, previa inscrición na seguinte ligazón (formulario web). Para máis información sobre o acto, a Xunta de Galicia pon á túa disposición o seguinte teléfono: 981957865