AGESTIC

Programa directivos: estratexia e desenvolvemento do plan de internacionalización

Apoiar aos xestores de empresas galegas para elaborar un plan de internacionalización adaptado ás necesidades das súas firmas, mediante un programa de formación especializado e a titorización de expertos na materia, é o obxectivo deste programa para directivos do Igape que imparte a Escola de Negocios de Novacaixagalicia e que comezará a desenvolverse o próximo 15 de marzo.

O programa está orientado a profesionais cun mínimo de tres anos de experiencia directiva internacional, cun nivel de inglés alto e procedentes de empresas xa introducidas na actividade de importación-exportación.

O programa do curso inclúe formación intensiva en metodoloxía do proceso de internacionalización e estratexias avanzadas neste ámbito, e desenvolvemento titorizado do plan de internacionalización.

Admisión: Valoración do curriculum vitae e entrevista en inglés coa dirección do programa. Prioridade -no caso de demanda superior á oferta-, para profesionais de empresas de Lugo e Ourense (no marco dos respectivos plans Impulsa). Solicitudes de inscrición: ata o próximo 2 de marzo.

Máis información e inscripción