AGESTIC

Programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT)

O Programa de apoio ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT) configúrase como un instrumento para a dinamización da vocación emprendedora e para aproveitar o potencial das persoas dedicadas á investigación e das persoas con titulación universitaria como xestores dos seus proxectos empresariais innovadores, así como apoiar e fomentar a transferencia do amplo coñecemento creado nas universidades e nos centros de investigación en proxectos xeradores de riqueza e de emprego.

A concesión das axudas se realiza pola comprobación da concurrencia no solicitante dos requisitos establecidos e ata o esgotamento do crédito orzamentario (non é por concurrencia competitiva uns con outros, hai que cumplir uns requisitos e se se cumplen concenden a axuda)

Fin de prazo: 30 de setembro de 2011

Beneficiarios:

  • Empresas privadas, incluídos os autónomos/as, que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT
  • O cadro de persoal no mes en que se proceda á primeira contratación por conta allea deberá estar constituído, como mínimo, nun 25% por persoas con titulación universitaria.
  • As entidades beneficiarias deberán crear, no primeiro ano de actividade, emprego estable para persoas desempregadas (de 30 ou menos anos), respectando a proporción dunha persoa con titulación universitaria por cada catro postos de traballo da IEBT.

Tipos de axuda. As empresas cualificadas como IEBT poderán solicitar as seguintes modalidades de axudas:

  • Subvención á creación directa de emprego estable (postos de traballo creados entre o 1 de xullo de 2010 e o 30 de setembro de 2011): de 4000 a 7000 euros
  • Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación (contratacións realizadas entre o 1 de xullo de 2010 e o 30 de setembro de 2011): 40% dos custos salariais totais, incluídas as cotizacións á Seguridade Social por todos os conceptos, segundo a duración do contrato, cun máximo de 12 mensualidades (límite 18.000 euros)
  • Apoio á función gerencial (só empresas que iniciasen a súa actividade a partir do 1 de xullo de 2010) : formación, realización externa de estudos…
  • Subvención financiera: ten por finalidade promover a creación de postos de traballo mediante a redución dos xuros de préstamos para financiar os investimentos que sexan necesarios para a creación e posta en marcha das empresas cualificadas como IEBT. Cómo mínimo, o 75% do importe do préstamo deberá destinarse a financiar investimentos en inmobilizado material ou intangible (ten como límite a contía máxima de 6.300 euros por emprego estable creado para persoas desempregadas durante o primeiro ano desde o inicio da actividade.)
  • Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade (só empresas que iniciaron a súa actividade a partir do 1 de xullo de 2010): de 24.000 a 60.000 euros. Os gastos subvencionables serán os gastos de constitución da empresa, a compra de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos; o arrendamento do local, de maquinaria e de equipamentos informáticos; os gastos do seguro do local, de publicidade e subministracións, excluído o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostor indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.

Este artículo é un resumo da Orde do 18 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011. Consellería de Traballo e Benestar. Para máis detalles, documentación, exclusións, etc recomendáse estudiar a orden (pdf)

Información adicional: Requisitos de calificación como IEBT