AGESTIC

Punto de encontro coa plataforma empresarial de Arxentina, Uruguai, Paraguai e Chile

Os vindeiros 27 e 28 de febreiro estará en Santiago de Compostela a Directora da Plataforma da Rede Pexga en Arxentina María Teresa Galiñanes Riveiro. Durante eses días, está previsto que se manteñan entrevistas individualizadas no Igape cos empresarios galegos que estean interesados en explorar os mercados de: Arxentina, Uruguai, Paraguai e Chile ou en ampliar a súa presenza neles.

Ademais, se así o solicitan as empresas interesadas, tamén poderán recibir información sobre as axudas e outros servizos de apoio á internacionalización que presta o Igape. A directora da plataforma empresarial posta en marcha grazas ao acordo de cooperación entre a Consellería de Economía e Industria, a través do IGAPE, e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), poderá facilitar información directa aos empresarios, así como recibir solicitudes de encargos concretos referidos a eses mercados.

Data: 27-28 de Febreiro de 2012 Lugar: Edificio IGAPE, Complexo Administrativo de San Lázaro, Santiago de Compostela.

Máis información: 902 300 903

Inscrición en: http://xornadas.igape.es/