AGESTIC

Punto de encontro coa plataforma empresarial de Colombia e taller de Export Networking Colombia

Data: 11-15 de xuño de 2012 Lugar: Edificio IGAPE, Complexo Administrativo de San Lázaro, Santiago de Compostela. Os vindeiros 11 a 15 de xuño estará en Santiago de Compostela a Directora da Plataforma da Rede Pexga en Colombia, Mariana Salazar.

Durante eses días, está previsto que se manteñan entrevistas individualizadas no Igape cos empresarios galegos que estean interesados en explorar este mercado ou en ampliar a súa presenza nel.

A Directora desta plataforma empresarial posta en marcha grazas ao acordo de cooperación entre a Consellería de Economía e Industria, a través do IGAPE, e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), poderá facilitar información directa aos empresarios, así como recibir solicitudes de encargos concretos referidos a ese mercado.

Aprovechando a organización do punto de encontro o 15 de xuño ás 10:00 terá lugar o Taller “Export Networking Colombia”, este taller está dirixido a poner en contacto empresas que han decidido apostar por su internacionalización no mercado colombiano e de esa forma intercambiar experiencias, identificar posibles sinerxias e detectar potenciais oportunidades de actuación conxunta. Lograr o apoio e a colaboración recíproca das compañías presentes nun mesmo mercado pode ser un factor clave e diferencial para o éxito das mesmas. Por último, se así o solicita tamén poderán recibir información sobre as axudas e outros servizos de apoio á internacionalización que presta o Igape, e sobre a Enterprise Europe Network: servizos e oportunidades.

Prazas limitadas Programa e inscrición

Máis información: 902 300 903