AGESTIC

Redegal amosará o seu potencial en comercio electrónico na feira eShow de Barcelona

Redegal, empresa galega de enxeñería dixital centrada en novos recursos tecnolóxicos e desenvolvementos web, vén de anunciar que vai estar presente na feira eShow de Barcelona, edición 2014, a desenvolver os vindeiros días 12 e 13 de marzo no recinto Fira da cidade catalá. Sinalar que Redegal participa por primeira vez neste evento coincidindo coa celebración do seu décimo aniversario “e apoiada polos bos resultados cultivados con grandes contas nacionais”, informa a empresa galega, que tamén salienta a súa actividade en México, país no que se asentou definitivamente a finais do ano pasado. Para Redegal, a feira eShow é ...

Fonte: Código Cero Ler máis