AGESTIC

Semana de talleres: a ruta para emprender

A Universidade de Santiago de Compostela a través do seu programa Woman Emprende, e coa colaboración da Asociación Executivas de Galicia e do BIC GALICIA, organiza unha semana de talleres destinados a fomentar o Emprendemento Feminino Universitario (Data límite de inscrición 7 de xuño).

Os talleres teñen lugar dentro do Proxecto Innovatia 8.3 financiado polo Instituto de la Mujer baixo o compromiso de crear un modelo de intervención que integre a perspectiva de xénero nos procesos de creación de empresas de base tecnolóxica no contorno universitario.

Ao longo destes talleres prácticos e dinámicos iremos vendo todas as fases que acompañan ao emprendemento feminino, dende a difusión da cultura emprendedora, a localización do interés por emprender entre a comunidade universitaria, as ferramentas que impulsan esta actitude emprendedora e a materialización nun plan de empresa, para logo dar o paso en converterse nunha realidade empresarial, xerando emprego de alto valor engadido para as mulleres universitarias, que compitan en mercados innovadores, internacionais e que transfiran á sociedade o coñecemento froito da investigación.

Destinatarias Os talleres van dirixidos a todas as mulleres que se atopen nalgunha fase do emprendemento, tanto estudantes, investigadoras, empresarias na fase de creación de empresa, empresarias consolidadas, executivas, etc. E cumplirán un doble obxetivo, formativo e de creación de redes de contacto e de axuda e titorización entre as diferentes asistentes aos talleres de emprendemento.

Talleres

LUNS, 11 de xuño dende as 16:00 ata as 20:30 Axudando a desenvolver ideas emprendedoras Da idea ao plan de empresa Empresas que nacen da Universidade

MARTES, 12 de xuño dende as 16:00 ata as 20:30 O financiamento no proceso de creación de empresas O financiamento como axuda no proceso emprendedor O capital risco como fonte de financiamento das spin-offs Presentando proxectos ante investidores privados Apoios das Administracións Públicas ás novas empresas

MÉRCORES, 13 de xuño dende as 16:00 ata as 20:30 Marco legal para a constitución dunha empresa Formas xurídicas e trámites de constitución dunha empresa Marco xurídico para a creación de EBT dende as universidades

XOVES, 14 de xuño dende as 16:00 ata as 20:30 Claves para o éxito empresarial Os recursos humanos: a clave do éxito Liderazgos e habilidades directivas Emprender e innovar no sector das TIC As redes sociais como oportunidade profesional O entorno económico e social dentro da empresa A responsabilidade social corporativa

Localización Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, Campus Vida Santiago de Compostela, A Coruña. España.

Información e inscripciones Matrícula Gratuíta, prazas limitadas. Data límite de inscrición 7 de xuño

-->