AGESTIC

Seminario pentesting preventivo para redes wi-fi

Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Traballo e Benestar e impartido por EWC-ASIF Electronic Warfare Consultors, os días 4 a 8 de marzo, ambos incluídos, de 9:30 a 13:00 horas, terá lugar no CNTG un curso-seminario técnico relacionado coa protección dos sistemas de información baseados na tecnoloxía Wireless – WI-FI.

Este curso-seminario aborda os problemas de seguridade, ameazas e prevencións a adoptar relacionados coas redes inarámicas WI-FI e establece un modelo teórico-práctico de análise baseado en probas de intrusión controladas (pentesting) e análise de riscos.

A actividade vai dirixida preferentemente a técnicos informáticos, administradores de redes, empresas fornecedoras de tecnoloxías IT etc .. Para o seu correcto aproveitamento os asistentes deben dispor de coñecementos en Linux e redes informáticas

O acceso ao seminario, previa inscrición a realizar en liña a través do portal web do CNTG, é de balde e condicionado ao aforo do local. O acceso ao seminario para aquelas persoas NON inscritas estará condicionado á existencia de prazas libres os días de celebración do evento.

Para recibir un certificado de asistencia será obrigatoria a presenza nun mínimo dun 80% das horas lectivas que configuran a actividade. O prazo de inscrición estará aberto ata o día 1 de marzo. Pode INSCRIBIRSE no seminario ou consultar os contidos a desenvolver picando nesta ligazón