AGESTIC

Seminario sobre routing en IPv4 con tecnoloxía CISCO no CNTG

Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Traballo e Benestar, o vindeiro día 14 de abril, luns, de 9:30 a 13:30 horas, terá lugar no salón de actos do CNTG un seminario técnico sobre routing en IPv4 asociado á nova versión CCNA routing & switching. No decurso da xornada farase tamén unha introdución a routing con IPv6

O marco xeral da sesión pretende trasladar aos/ás asistentes como é a configuración multiárea de OSPF (Open shortest Path First) abordada dende o punto de visto da nova versión CISCO CCNA routing e switching. A sesión comezará cunha contextualización inicial de OSPF para, a seguir, describir a necesidade da existencia de múltiples áreas e as posibles solucións e funcionalidades ao respecto. Na fase final da xornada farase tamén unha introdución sobre routing en IPv6.

O relator da xornada será Javier Novoa, doutor en Informática pola Universidade de A Coruña onde é profesor do departamento TIC na área de Telemática e imparte as materias de Redes en Enxeñería Informática e Seguridade de Sistemas da Información no Máster de Enxeñería Informática. Javier Novoa é colaborador habitual do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia e formador oficial do programa Cisco Networking Academy no que imparte cursos de CCNA routing & switching, CCNA security e CCNP. Posúe, entre outras, as certificacións de CCNA, CCAI, CCNA Security e CCNP. O acceso ao seminario, previa inscrición a realizar en liña a través do portal web do CNTG, é de balde e condicionado ao aforo do local.

O acceso ao salón de actos para aquelas persoas NON inscritas estará condicionado á existencia de prazas libres o día de celebración do evento. Se está interesado en participar neste seminario e non pode desprazarse a Santiago, pode consultar na web http://cemit.xunta.es a relación de aulas que o emiten e solicitar a súa participación vía videoconferencia.

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 13 de abril. O acceso ao salón de actos para aquelas persoas NON inscritas estará condicionado á existencia de prazas libres o día de celebración do evento. Para máis información sobre os contidos a tratar e/ou para se inscribir no evento: https://cntg.xunta.es/web/cnt/acontecimientos