Seminario sobre seguridade nas comunicacións utilizando redes VPN baseadas en IPsec
Organizado polo centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Consellería de Traballo e Benestar, o vindeiro 1 de marzo, de 16:30 a 19:30 horas, terá lugar nas instalacións do centro un seminario técnico sobre funcionamento de VPNs baseadas en IPsec que teñen como obxectivo a proteción de datos utilizando protocolos tunneling.
A xornada vai especialmente dirixida a persoal técnico das áreas de informática, electrónica e telecomunicacións NON especialista no eido de seguridade. Inclúense neste perfil os analistas e administradores de sistemas, enxeñeiros de software, técnicos de operación e mantemento, administradores de bases de datos, programadores etc..
Como valor engadido do seminario, aquelas persoas que asistan ao mesmo, o soliciten expresamente ao remate da charla e estean en posesión duns coñecementos técnicos mínimos poderán asistir a un obradoiro práctico, cun máximo de 15 asistentes e con equipamento CISCO, onde se traballarán os conceptos desenvolvidos na xornada.
O relator da xornada será Miguel Valencia, formador do grupo Academia Postal do programa Cisco Networking Academy, instrutor certificado CCAI, con experiencia na impartición de cursos CCNA e CCNP e colaborador habitual deste centro. Está en posesión das certificacións CCNA, CCDA, CCNP e LPIC-1.
O acceso, previa inscrición a realizar en liña a través do portal web do CNTG, é de balde e condicionado ao aforo del local.
Para obter un certificado de asistencia ao acto será obrigatoria a previa inscrición no mesmo.
O prazo de inscrición estará aberto ata o día 29 de febreiro.

