AGESTIC

Subvencións para contratar internet de banda larga vía satélite

internet rural

Aberta a convocatoria para o ano 2014 das subvencións para contratar internet de banda larga vía satélite nas zonas máis illadas da Comunidade.

Os beneficiarios das axudas serán fogares e empresas con enderezo en Galicia que non dispoñan de acceso á rede, de cando menos 2Mbps, mediante outra tecnoloxía.

O programa establece unha única subvención por enderezo destinada a sufragar os gastos de instalación así como o custo do equipamento do interior da vivenda ou empresa preciso para distribuír a sinal de banda larga, cunha contía máxima de 150 euros e condicionado á contratación dun servizo de cando menos 2Mbps cun período de permanencia de doce meses.

As axudas tramitaranse a través de 5 empresas acreditadas como entidades colaboradoras pola Xunta de Galicia: Duo Telecom, Eurona, Intermax, Quantis e Terrachá Technoloy.

Esta medida, que complementa ás convocatorias do ano 2012 e 2013 das que se beneficiaron máis de 1.400 usuarios, é unha actuación do Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia para facilitar o acceso a internet a todos os galegos.

Para máis información: http://cdtic.xunta.es/internet-rural