AGESTIC

Xornada de interese para empresas e profesionais do ámbito da eficiencia e o aforro enerxético

eficiencia tic

O proxecto ENTIC (xestión intelixente e sostible da enerxía para a competitividade das Pemes na Eurorregión) é un programa de cooperación entre distintos organismos de Galicia-Norte de Portugal, cofinanciado con fondos europeos co obxetivo de promover a incorporación nas empresas de medidas de eficiencia, diversificación enerxética, e sistemas e ferramentas TIC que permitan reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e incrementar a eficacia no uso dos recursos.

O proxecto incluirá a prestación de servizos de asesoramiento a PEMEs, o estudo do capital humano para a eficiencia, a diversificación enerxética e as TIC´s aplicadas ao sector, a elaboración de estratexias conxuntas e, en xeral, a dinamización do sector en Galicia e no norte de Portugal.

A convocatoria é de interese para todas aquelas empresas, emprendedores e profesionais que traballen ou teñan un proxecto de futuro no ámbito da eficiencia e o aforro enerxético, e que, polo tanto, poidan estar interesados en entrar en contacto co consorcio para futuras colaboracións.

A presentación desenvolverase o próximo día 21 de marzo, a partir das 10 h., na sede do MUPEGA (San Lázaro, 107), en Santiago.

Asistencia gratuíta – aforo limitado.

Programa (pdf) e inscrición (formulario web)

Fonte: IGAPE