AGESTIC

Xornada de Portas Abertas no Centro Demostrador TIC de Galicia

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, e en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar e a entidade Red.es do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, puxeron en marcha o Centro Público Demostrador TIC de Galicia, como un punto de encontro entre a oferta do Sector TIC e as empresas galegas que demandan novos produtos e servizos para mellorar a súa produtividade e competitividade

Tras a súa inauguración o pasado 27 de xuño polo presidente da Xunta de Galicia, o Centro Demostrador TIC comeza a súa actividade organizando unha Xornada de Portas Abertas o vindeiro 1 de xullo co obxectivo de que os integrantes do tecido empresarial galego poidan coñecer de primeira man as instalacións do Centro Demostrador TIC de Galicia, así como informarse das actividades e servizos que ofrece.

A Xornada de Portas Abertas terá lugar no Centro Demostrador TIC, situado no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia na rúa Airas Nunes s/n – Conxo (Santiago de Compostela). A xornada consistirá en visitas guiadas a grupos reducidos de 30 minutos de duración entre as 9:00 e 13:30h, onde os asistentes poderán acceder ás distintas salas que compoñen o Centro Demostrador TIC onde se lles explicará a funcionalidade de cada espazo .

A inscrición ás Xornada pode facerse a través do teléfono 881 995 200 ou ao enderezo electrónico cdtic@xunta.es. Na páxina web do Centro Demostrador TIC http://cdtic.xunta.es poderá informarse de todos os detalles da xornada.