AGESTIC

Xornada en Santiago sobre Internacionalización de empresas TIC

Data:5 Xuño 2014 - 6 Xuño 2014

Hora: De 16:00h a 20:00h De 10:00h a 14:00h De 16:00h a 20:00h

Destinatarios: Directivos de empresas TIC

Descrición: Os directivos das empresas TIC poderán abordar os aspectos clave á hora de iniciar un proceso de internacionalización sexa cal sexa a fórmula: aperturas de filiais, colaboracións na distribución de produtos ou servizos, deslocalización de procesos produtivos, etc.

PROGRAMA XOVES DÍA 05

O proceso de internacionalización Selección de destinos Estratexia para abordar un mercado Marketing: Canles de distribución, posicionamento, lanzamento do produto, estratexia de prezos, comunicación Xestión dos recursos humanos Marco xurídico: contratación internacional, fiscalidade e requisitos dun mercado Imparte D. Jesús Albizu Profesor no MIB da Escola de Negocios Caixanova. Consultor de internacionalización con ampla experiencia no Mercado LATAM. Participación no programa Al Invest en diversas edicións. Profesor no Máster de Comercio Exterior e Internacionalización de Empresas da Cámara de Comercio de Bilbao.

PROGRAMA VENRES DÍA 06 Apertura exterior Tratados de libre comercio Incentivos ao investimento Concentración do sector TIC Imparte Dna. Piedad Rojas Responsable de desenvolvemento de negocio de EOSA en Colombia. Presidente Executiva da Cámara de Comercio de Cartagena de Indias. Xerente da Área de RSE de Unión Fenosa en Colombia.

Aforo limitado e inscricións ata o 3 de xuño de 2014