AGESTIC

Xornada sobre "Instrumentos de Financiamento para Startups Innovadoras: Capital Risco e Business Angels"

O programa da Xornada sobre Instrumentos de financiamento para start-ups innovadora, que se desenvolverá o próximo 29 de setembro en Santiago, ten como obxectivo o desenvolvemento de novas empresas de base tecnolóxica.

A Consellería de Economía e Industria promove este encontro, que inclúe relatorios, mesas redondas e tempo para networking. A xornada contará coa participación do director de SeedRocket, Marek Fodor, co-fundador de Atrápalo, que ofrecerá un relatorio centrado nos aspectos a ter en conta para identificar unha boa oportunidade de investimento.Tamén participarán os promotores de WebPhone, David Bello, e Classora, Diego Cobelo.

Por outra parte, nunha mesa redonda sobre o financiamento para emprendedores e pemes innovadoras participarán o director xeral de Xesgalicia, Javier Aguilera, e o director xeral de I+D+i, Ricardo Capilla, xunto con Pedro Granado, director de relacións institucionais de Enisa, e Miguel Ángel García, do departamento de promoción da innovación do CDTI.

O encontro, organizado polo Igape e BIC Galicia no marco do programa comunitario AT-Venture, pretende facer posible que os emprendedores e empresas dispostas a poñer en marcha novos proxectos cun perfil innovador coñezan en profundidade todos os instrumentos de financiamento que existen no mercado.

Máis información e inscricións