AGESTIC

Xornada técnica do IGAPE, Plan Revive Costa da Morte

Os incentivos e axudas aos que poden acceder os emprendedores, os autónomos e as pemes galegas para impulsar novos investimentos será o obxectivo principal da xornada técnica organizada polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que se desenvolverá o próximo 3 de xullo, a partir das 19 horas, no Pazo Torres do Allo (O Allo – ZAS).

Neste encontro concederase atención prioritaria ás especiais axudas habilitadas no marco do Plan Revive Costa da Morte, e haberá relatorios sobre apoios aos investimentos, ao emprendemento e a nova convocatoria do programa Re-Imaxina, pola que se habilitan liñas de financiamento para microempresas, emprendedores ou empresas xa consolidadas.

Para formalizar a súa inscrición na xornada, poden facelo enviando un correo electrónico á dirección informa@igape.es ou ben directamente no noso teléfono de información 902 300 903.

Programa -pdf-