Xornada técnica "Galicia Emprende" en Ourense

A sede da CEO (Praza das Damas, 1 - Ourense)acollerá, o próximo 9 de abril, unha nova xornada técnica dentro do ciclo de encontros sobre os instrumentos de apoio ao emprendemento que se están a desenvolver nas diferentes cidades galegas. O obxectivo desta xornada, organizada en colaboración coa Fegaxe, é achegar a emprendedores e empresarios información detallada sobre os servizos e apoios para a elaboración, implantación e consolidación de novos proxectos empresariais.
Na xornada participarán novos empresarios que compartirán as súas experiencias no eido do emprendemento:
PROGRAMA
09:45 h RECEPCIÓN ASISITENTES 10:00 h APERTURA XORNADA José Manuel Pérez Canal Presidente da CEO Lois Babarro Alén Presidente Círculo Xoves Empresarios de Ourense Rogelio Martínez González Delegado Xunta de Galicia Ourense
10:15 h INSTRUMENTOS DE APOIO AO EMPRENDEMENTO Javier Aguilera Navarro Director xeral do IGAPE
10 :30 h MESA REDONDA: A EXPERIENCIA DE EMPRENDER Norberto Penedo Rey Director Área Competitividade IGAPE José Manuel Regueiro Círculo Xóvenes Empresarios Ourense Rosa Carballo Kids & Us Alba Adá Lameiras Goal Comunicación
11:15 h CONCLUSIÓNS E PECHE
Para asistir á Xornada técnica: INSCRICIÓN
Teléfonos de contacto: 988 391 110 ou 902 300 903