AGESTIC

Xornada de valorización de tecnoloxías: dos resultados da investigación ao tecido industrial

Organiza: CIS GALICIA. Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia. Nodo de Galactea Plus.

Lugar: CIS GALICIA. A Cabana, s/n, 15590 FERROL

Data: 30 de xaneiro de 2013

Esta xornada está incluída nas actividades do nodo Galactea Plus da rede Enterprise Europe Network, que ten a finalidade de executar o compromiso de Europa coas pequenas empresas para o acceso e incorporación de tecnoloxías innovadoras.

OBXECTIVOS Dar a coñecer e demostrar o potencial comercial e a utilidade dos resultados da investigación desenvolvida en distintas entidades, así como as distintas fórmulas empregadas para darlle valor a estes resultados. Trátase de aportar instrumentos para reflexionar sobre a importancia das canles de saída dos resultados de investigación cara o tecido industrial e o mercado, e polo tanto, cara as empresas.

AXENDA

09:20 – 9:30 Benvida e Presentación Presentación de Galactea- EEN CIS Galicia. Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia

09:30 – 10:30 Estratexia de valorización e transferencia de resultados -Identificación de resultados transferibles e avaliación de potencial -Protección de resultados -Identificación de necesidades de maduración e proposta de proxectos de valorización. -Negociación, xestión e seguemento de contratos de transferencia de resultados. -Creación de empresas con base en resultados de investigación (spin-offs). Rafael Pardo Seco. Área de Valorización, Transferencia e Emprendimento. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

10:30 – 11:00 Apoio á valoración de tecnoloxías nun Campus de Excelencia A experiencia de Campus Vida José Luis Villaverde. Director da Área de Valorización, Transferencia e Emprendimento. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

11:00 – 11:30 Pausa - Café

11:30 – 12:00 Apoio á valorización de tecnoloxías no sistema galego de innovación. Antonio Rodríguez. División de Xestión da Innovación - SEGAPI. AXENCIA GALEGA DA INNOVACIÓN

12:30 – 13:00 Proxecto de valorización de resultados de investigacións sanitarias do SERVIZO GALEGO DE SAÚDE. Proxecto INNOVA-SAÚDE Plataforma innovación SERGAS

13:00 – 13:30 Aportación doutas entidades á maduración de resultados: Fondo de inversión en ciencia da Fundación Barrié. Javier López. Director da FUNDACIÓN BARRIÉ

13:30 – 13:50 A creación dunha spin off fruto da valorización de resultados: Health in Code Lorenzo Montserrat Iglesias. Director Científico. HEALTH IN CODE

13:50 – 14:00 Rolda de preguntas e clausura

INSCRICIÓN A inscrición e gratuita. Prazas: Limitadas. No caso de que haxa un maior número de solicitudes que de prazas, asignaránse por orde de inscrición.

Data límite de inscrición: 28 de xaneiro de 2013 Prema para acceder ó formulario de inscrición

MÁIS INFORMACIÓN Teléfono: 981 33 71 33 Correo electrónico: formacion@cisgalicia.org Web: www.cisgalicia.org