AGESTIC

Xornada: "Wimax, internet ao alcance de todos"

Actualmente existen moitas tecnoloxías no mercado para proporcionar banda ampla sen fíos alí onde non chega o cable. WIMAX é un estándar aberto e flexible que permite levar a Rede a grandes distancias e cunha velocidades considerable.

Esta e outras tecnoloxías permiten dinamizar o medio rural, empresarial e público ofrecendo solucións non só para o acceso a Internet, senón en campos como a interconexión de centros de traballo, xestión de urxencias, teleasistencia, seguridade, control de explotacións gandeiras ou vixilancia forestal.

Na xornada amosarase qué ofrece WIMAX e outras tecnoloxías complementarias, qué se pode obter realmente delas e cómo sacarlles proveito mediante solucións que as complementan. A empresa IGN SOLUTIONS, experta na instalación de WIMAX, falará da súa ampla experiencia e abordará casos prácticos. Ademáis, contará coa colaboración de Telcom, fabricante de equipos de radiofrecuencia e representante en España dos dous maiores fabricantes de equipos WIMAX do mercado, Alvario e Motorola. No relatorio tamén exporán as súas experiencias usuarios destas tecnoloxías.

Organiza: Fundación CEL

Colabora: IGN SOLUTIONS, AGESTIC e Obra Social Caixa Galicia

Cofinancia: Consellería de Innovación e Industria.

Data: 22/11/07

Hora: 19:00 horas

Lugar: Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial, Rolda da Muralla 52 Lugo

Máis información e inscricións: site@fundacioncel.org ou TF: 982815119

Fuente: Agestic