AGESTIC

Xornadas informativas en Galicia sobre o programa Horizon 2020

H2020

A Axencia Galega de Innovación (GAIN), en colaboración co Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI), organiza unha serie de xornadas informativas sobre o programa Horizon 2020. O obxectivo destas xornadas é dar a coñecer diferentes convocatorias deste programa que financia proxectos de investigación e innovación en diversas áreas temáticas no contexto europeo, contando con case 80.000 millóns de Euros para o período 2014-2020.

Estas xornadas terán un carácter eminentemente práctico, podendo manter as entidades que o desexen unha xuntanza bilateral cun representante de CDTI ou da Axencia Galega de Innovación.

Xornadas:

  • HORIZON 2020: OPORTUNIDADES DE FINANCIAMENTO SOCIEDADES SEGURAS SANTIAGO DE COMPOSTELA, 7 de maio Posibilidade de reunións bilaterais con CDTI e GAIN Inclúe conexións dende A Coruña (OTRI), Ferrol (CIS Galicia) e Ourense (Tecnópole)
  • HORIZON 2020: OPORTUNIDADES DE FINANCIAMENTO TRANSPORTE INTELIXENTE, ECOLÓXICO E INTEGRADO FERROL, 13 de maio Posibilidade de reunións bilaterais con CDTI e GAIN Inclúe conexións dende A Coruña (OTRI), Santiago de Compostela (CESGA) e Ourense (Tecnópole)
  • HORIZON 2020: OPORTUNIDADES DE FINANCIAMENTO INDUSTRIA NAVAL VIGO, 21 de maio Posibilidade de reunións bilaterais con NCPs e GAIN
  • HORIZON 2020: OPORTUNIDADES DE FINANCIAMENTO INSTRUMENTO PEME SANTIAGO DE COMPOSTELA, 3 de xuño Posibilidade de reunións bilaterais con CDTI e GAIN Inclúe conexións dende A Coruña (OTRI), Ferrol (CIS Galicia) e Ourense (Tecnópole)

Os programas completos das xornadas están dispoñibles na seguinte ligazón, onde tamén están os formularios de inscrición.