AGESTIC

A Xunta porá en marcha en 2012 o programa de voluntariado dixital para apoiar a integración da cidadanía galega na sociedade da información

O Goberno galego vai pór en marcha en 2012 o Programa de Voluntariado Dixital para contribuír á incorporación das novas tecnoloxías á vida cotiá de toda a cidadanía galega, mediante a colaboración e compromiso de persoas voluntarias, co obxectivo de fomentar a inclusión social, utilizando as TIC como ferramenta. A posta en marcha do Programa de Voluntariado Dixital concíbese como un complemento ás actuacións que está a levar a cabo a Xunta no ámbito da alfabetización dixital, como a formación a través da Rede de Centros para a Modernización e Innovación Tecnolóxica (CeMIT), co obxectivo de achegar as TIC a unha maior porcentaxe da poboación e favorecendo a inclusión dixital de toda a cidadanía. Trátase de evitar que ninguén quede á marxe do avance tecnolóxico xa que é unha forma máis de exclusión social a que hai que facer fronte ...

Fonte: IMIT Ler máis