AGESTIC

Datos Legais

Datos da asociación

Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías de Información e Comunicación.

Constituída por Asemblea Xeral de aprobación de Estatutos o 1 de Decembro de 2003.

Inscrita no Servizo de Rexistro e Depósito de Estatutos da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacions Laborais - Dirección Xeral de Relacions Laborais da Xunta de Galicia o 19 de Febreiro de 2004.

Adquirindo Personalidade xurídica e plena capacidade de obrar na mesma data, por Certificación emitida por a Xefe de Servizo do citado Organismo.

SERVICIOS CENTRAIS:
ASOCIACIÓN GALEGA DE EMPRESAS
DE TECNOLOxÍAS DE INFORMACIÓN Y COMUNICACIÓN
Rua Rafael de Vega 16 Entlo
27002. LUGO

Teléfono: 982 873 903
tecnicos@agestic.org
gabinete@agestic.org
C.I.F.: G.15924400

 

DELEGACIÓN DE OURENSE:
Rua do Progreso nº 153-2ª planta. 32003. OURENSE
agestion@agestic.org
Teléfono 988 370 521
Fax 988 510 812

 

DOMICILIO SOCIAL:
Rua do Villar nº 54, en Santiago de Compostela
CP 15705

 

Datos da web

O presente sitio web ten un carácter meramente informativo dunha Organización Empresarial constituída legalmente ao amparo da Lei 19 de 1º de Abril de 1977, sendo o seu interese a defensa do sector TIC, a información a empresas e cidadáns da evolución da Sociedade da Información e o acceso a Internet con carácter xeneralizado, sen que constitúa o sitio Web unha plataforma comercial, dado que AGESTIC é unha entidade sen ánimo de lucro.

 

Contido do sitio web

A información incluída neste sitio web, seguiu os requirimentos pedidos pola Lei, pero de ningunha forma iso implica que teña que estar necesariamente detallada, completa, exacta ou manterse actualizada, debido no seu caso ás variacións que poidan producirse na normativa, xurisprudencia ou outros documentos de interese considerados.

A utilización da información proporcionada a través deste sitio web é responsabilidade exclusiva do usuario, non sendo AGESTIC en ningún caso responsable dos erros ou omisións que puidesen existir así como da aplicación ou uso concreto que poida facerse desta.

 

Dereitos de autor e dereitos de propiedade intelectual

Creative Commons License

Os contidos que figuran neste sitio web NON están suxeitos a unha cláusula de dereitos de autor, permitindo AGESTIC a súa reprodución.

As noticias, documentos, informes, etc, non realizados por AGESTIC, son propiedade dos seus autores e rexidas segundo a política de dereitos de cada un, Agestic limítase a difundir o máis relevante do sector TIC, sempre citando as fontes, para colaborar, impulsar e facer promoción do sector, baixo a licenza CC que lle autoriza a vostede a copiar, distribuír e comunicar publicamente a obra, sen fins comerciais nin obras derivadas, citando a fonte: AGESTIC se é o caso, ou a fonte que AGESTIC indica sempre na noticia, artigo, documento, etc...

 

Datos de carácter persoal

De conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos, AGESTIC informa que os datos persoais facilitados a través dos formularios desta web ou mediante mensaxes de correo electrónico, serán incorporados nun ficheiro de clientes e serán tratados de xeito automatizado.

Mediante o envío dos formularios existentes nesta web, o remitente dá o seu consentimento para ser incluído no mencionado ficheiro, sendo tratados coa finalidade que se indique en cada un dos formularios e que esta detallada cando se procede á súa cumprimentación.

A finalidade do ficheiro é servir como soporte de información e á xestión da Asociación AGESTIC como entidade sen ánimo de lucro e NON constitúe ningún obxecto comercial, así como, para xestionar as solicitudes de información e trámites necesarios para manter as utilidades propias desta web.

Se o desexa, pode dirixirse por escrito a AGESTIC co fin de exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

 

Enlaces

AGESTIC, non asume ningunha responsabilidade sobre os enlaces cara outros sitios ou páxinas web que, no seu caso, puidesen incluirse nesta, xa que non ten ningún tipo de control sobre os mesmos, polo que o usuario accede baixo a súa exclusiva responsabilidade ao contido e nas condicións de uso que rexan nestes.