AGESTIC

Declaración de accesibilidade

?Queremos que o noso sitio sexa accesible ao maior número de persoas posible, por iso adoptamos unha serie de medidas co obxectivo de mellorar a accesibilidade do sitio web de AGESTIC.

Os motivos que nos levaron a desenvolver unha política de accesibilidade son múltiples:

  • Facilita o acceso das persoas con minusvalidez, persoas maiores, e en xeral, de todos os usuarios.
  • Permite o acceso con diferentes navegadores, dispositivos, etc.
  • Implica que os contidos sexan máis claros e estructurados.
  • Mellora a navegación e a experiencia do usuario.

Todo o corpo da nosa web cumpre a marca AA segundo a Norma UNE 139803:2004 e as Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C como requirimentos mínimos. E facemos todo o esforzo posible para garantir que todo o contido da nosa web cumpra tamén estes requisitos.

Entre outras medidas tomamos as seguintes:

  • Intentamos usar unha linguaxe clara e sinxela.
  • Usamos texto alternativo para as nosas imaxes.
  • O código HTML empregado cumpre o estándar: XHTML 1.0 Strict.
  • Comprobamos o contraste das cores empregadas.
  • O deseño foi realizado para que sexa compatible co maior número de navegadores posible.
  • Incorporamos acceso mediante atallos teclado ás principais opcións.

Atallos de teclado
Para navegar a través da nosa Web están definidas as seguintes teclas:

  • Tecla de acceso 0 - Declaración de accesibilidade.
  • Tecla de acceso 1 - Páxina de inicio.
  • Tecla de acceso 2 - Mapa da Web.
  • Tecla de acceso 3 - Páxina de contacto.
  • Tecla de acceso 4 - Busca.
  • Tecla de acceso 5 - Acceso ao contido.

O uso das teclas de acceso vén determinado polo navegador:

  • Internet Explorer: ALT + tecla de acceso, soltámolas e pulsamos ENTER
  • Firefox: ALT + MAIÚSCULAS + tecla de acceso
  • Opera: MAIÚSCULAS + ESC + tecla de acceso
  • Safari (MacOS): CTRL + tecla de acceso
  • Safari (Windows): ALT + tecla de acceso

Contacto
O noso esforzo en mellorar a accesibilidade da nosa web é continuo, por iso gustaríanos contar coa súa opinión: calquera queixa, consulta ou suxestión de mellora sobre a accesibilidade deste sitio poderase realizar a través do correo tecnicos@agestic.org, a través do formulario de contacto da páxina ou chamando ao teléfono: +34 982 873 903