AGESTIC

TIC

Sección creada e actualizada polo Técnico de Programas de Cooperación de AGESTIC.

Rede de Técnicos de Emprego de Galicia

Seminario: O screening do potencial comercial das tecnoloxías, paso a paso

Seminario online, gratuito e en inglés que promovido por BIC GALICIA,  terá lugar o 03/ Maio/ 2012, 18:00-19:30h

Obxectivos: Aportar unha metodoloxía de filtrado das tecnoloxías desenvolvidas dende o punto de vista do seu potencial de transferencia ao mercado, a fin de centrar os recursos de marketing e comerciais naquelas de maior potencial.

Dirixido a: Emprendedores de base científico-tecnolóxica, responsables de desenvolvemento de negocio, responsables e técnicos de transferencia de tecnoloxía e investigadores.

Contidos:

- Introducción á xestión de tecnoloxía: a metodoloxía de filtrado de Fuentek

- Examinamos o proceso de selección de tecnoloxías (screening)

- Intentamos coñecer a tecnoloxía

- Investigamos o mercado/ propiedade industrial

- Tarefas adicionais

- Analizamos os achados e avaliamos a tecnoloxía

- Que vén despois?

Instructor: Laura Schoppe preside, dende 2001, Fuentek, compañía americana especializada na xestión e comercialización de tecnoloxía e propiedade industrial, e é Vicepresidenta da AUTM. Á fronte de Fuentek, Laura ten axudado con éxito a universidades e entes públicos e privados, a xestionar a súa propiedade intelectual e a súa tecnoloxía de forma proactiva, eficiente e eficaz: a American Standard Companies, o Korean Technology Licensing Consortium, Raytheon, Motorola, a Universidade de Illinois (UI), a Universidade Estatal de Michigan, etc. Ademais, dende 2007, Fuentek asesora á NASA en materia de estratexia e transferencia de tecnoloxía, dentro do “NASA’s Innovative Partnerships Program“.

Inscrición

AGESTIC propón á AMTEGA liñas de actuación para a modernización tecnolóxica de Galicia

A Directora da Axencia de Modernización Tecnoloxica de Galicia, Mar Pereira, reuniuse esta mañá coa Xunta Directiva da Asociación Galega de Empresas TIC (AGESTIC) presidida por José María López Bourio para analizar un Documento elaborado polos servizos técnicos desta Asociación Empresarial que contén unha Proposta con oito liñas de actuación para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. AGESTIC formulou á AMTEGA, actuar nos seguintes puntos:

- Smart City

- Fogar e edificio dixital

- Green TIC

- Tecnoloxía social, accesibilidade e usabilidade

- Plan de seguridade da información e cumprimento normativo na Xunta de Galicia

- E-administración

- Telefonía móbil

- Innovación e tecnoloxía en cooperación

Fonte: Código Cero Ler máis

3.000 persoas formáronse no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

Unhas 3.000 persoas formáronse nos últimos catro anos no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), dependente da Consellería de Traballo e Benestar. Desde a súa posta en marcha, unhas 900 persoas acadarán unha certificación profesional ou superarán algún dos exames para acadala, grazas a unha importante aposta nos últimos anos por ligar as actividades formativas á posibilidade de certificación. Así o salientou hoxe a directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz, nunha rolda de prensa na que expuxo o balance dos últimos catro anos do CNTG. Durante a presentación, concretou que a porcentaxe de cursos que permiten conseguir unha certificación oficial –a nivel mundial- aumentou do 55 por cento do total dos cursos no 2008/2009 a un 83 por cento no actual 2011/2012. Estas probas de certificación abranguen tecnoloxías e metodoloxías de fabricantes, organizacións ou institutos tan diversos como Oracle, Microsoft, Red Hat, LPI, Scrum, PMI, ITIL, Zend, Cisco, VMware, etc...

Fonte: IMITLer máis

Intelixencia artificial galega para a industria agroalimentaria

A empresa Aukor, con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole, vén de rematar o desenvolvemento do que aseguran ser o “primeiro sistema integral de xestión dotado con intelixencia artificial para a industria do sector agroalimentario”, que xa de entrada resulta de utilidade para as plantas de procesamento de cereais (fariñeiras, panificadoras e fábricas de pensos, entre outras), e que co tempo pode atopar outras áreas de aplicación conforme se vaia perfeccionando e estendendo o seu uso...

Fonte: Código Cero Ler máis

A Consellería de Cultura e Educación organiza a Mostra do Ensino 2012 para ofrecer orientación educativa e profesional á cidadanía galega

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria porá a disposición da cidadanía galega orientación educativa e profesional a través da Mostra do Ensino 2012, un evento que se celebrará no recinto de ExpoCoruña entre os días 11 e 14 de abril, e para cuxo patrocinio a Consellería contará coa colaboración do Concello e a Deputación da Coruña, así como de diversas empresas que veñen colaborando coa administración educativa. O obxectivo da mostra é dar a coñecer ás galegas e galegos as diferentes opcións que o sistema educativo de Galicia lles ofrece para se formar, a través das diferentes ensinanzas de Formación Profesional, artísticas, musicais, deportivas e universitarias. Ademais neste encontro ofrecerase información sobre a educación para adultos que oferta a Consellería de Cultura e Educación, iniciativas para a mellora das competencias en linguas estranxeiras e para a integración das TIC no ensino ...

Fonte: Xunta de Galicia Ler máis

A Xunta pon en marcha o portal abert@s

A Xunta de Galicia dá un paso máis no cumprimento do principio de transparencia informativa coa posta en marcha do portal Abert@s, o espazo onde, desde hoxe, se publicará información de interese público da Administración galega e dos seus organismos en formatos abertos e estándar, para a súa reutilización por parte de cidadáns e empresas. Son datos xerados pola propia administración e de gran valor pola súa fiabilidade e calidade pero que non estaban adaptados para ser empregados por terceiros ou ben dispersos. O portal Abert@s, é a plataforma de acceso a este catálogo de información pública en formato dixital, debidamente actualizado e de acceso libre. Os documentos están dispoñibles en formatos estándar, abertos e interoperables, en liña coa promoción difusión e fomento da utilización de tecnoloxías baseadas en software libre e de fontes abertas que está a impulsar a Xunta a través do Plan Floss...

Fonte: SXMIT Ler máis

Seminario técnico sobre o servidor Linux para PEMES, Zentyal

Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Consellería de Traballo e Benestar, o día 26 de abril, de 16:30 ata, aproximadamente, as 20:00 horas, terá lugar nas instalacións do centro un seminario técnico sobre o servidor Linux para PEMES, Zentyal.

O obxectivo da xornada é a presentación desta plataforma de administración e dos principios que rexen o seu deseño: boas prácticas, integración de servizos, interface de administración unificada, configuracións probadas en múltiples contornos...

Durante a presentación usarase unha instalación de Zentyal sobre a que se irán probando e resolvendo as posibles dúbidas sobre as distintas posibilidades presentadas.

O seminario completa, xunto cunha próxima xornada onde se tratarán temas relacionados coa seguridade en contornos Linux e a recentemente celebrada sobre administración avanzada de Red Hat Linux, a actual oferta formativa do CNTG relacionada coa administración de sistemas operativos Linux.

Xornada sobre Cloud e Azure. Desenvolmento dunha aplicación e casos prácticos reais.

Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Consellería de Traballo e Benestar, o xoves 19 de abril, de 10:00 a 13:30 horas, terá lugar nas súas instalacións, localizadas na rúa Airas Nunes de Santiago (barrio de Conxo), unha xornada técnica sobre Cloud Computing e Windows Azure.

Na primeira parte do evento farase unha introdución ao concepto de nube: En que consiste, vantaxes, por qué agora e non hai 10 anos .. e unha explicación concreta dos servizos e potencialidade de Windows Azure

A segunda parte da xornada, que durará arredor dos 100 minutos, terá un contido máis práctico e incluirá o desenvolvemento dunha pequena aplicación con Azure que amosará como se desenvolve en Azure con Visual Studio, cales son as ferramentas de depuración etc .. e que rematará coa presentación dunha serie de casos prácticos reais relacionados co xogo “La Cura” e a experiencia do pasado mundial de fútbol de Sudáfrica.

Voluntariado Dixital xa conta con 137 participantes e 36 entidades inscritas

O Programa de Voluntariado Dixital, dirixido a tirar proveito da solidariedade galega no camiño da e-alfabetización, comezou xa o seu plan formativo. A primeira xornada estase a celebrar este martes 20 de marzo no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, contando coa presenza dos responsábeis dos departamentos autonómicos que fixeron posíbel o programa e máis das persoas e entidades que xa están inscritas no mesmo coa arela de compartir o seu coñecemento coa cidadanía...

Fonte: Código Cero Ler máis

Ametic denuncia la adjudicación por precio en proyectos de consultoría y servicios TI

La Asociación de Empresas de Electrónica, Tecnologías de la Información, Telecomunicaciones y Contenidos Digitales (AMETIC) pone de manifiesto la dificultad de realizar proyectos de calidad y que aporten valor, además del perjuicio que se está ocasionando al sector Servicios TI, por una incorrecta aplicación de la Ley de Contratos del Sector Público (LCSP 30/2007) por la que se están adjudicando los proyectos de Consultoría y Servicios TI a la oferta más económica aunque su valoración técnica no sea buena...

Fuente: CIBERSUR Leer más