AGESTIC

Noticias

Sección creada e actualizada polo Técnico de Programas de Cooperación de AGESTIC.

Rede de Técnicos de Emprego de Galicia

A Xunta de Galicia pón en marcha o Plan Impulsa Lugo para apoiar novos investimentos na provincia

O consello de dirección do IGAPE aprobou as bases reguladoras das axudas destinadas a bonificar os gastos financeiros dos préstamos directos concedidos con fondos BEI para apoiar novos investimentos na provincia de Lugo. Estas bases súmanse ás modificacións normativas xa aprobadas en outubro para facer posible que os investimentos impulsados na provincia de Lugo conten con maior intensidade de apoio financeiro ...seguir lendo

A Universidade da Coruña celebra a terceira edición do "Curso de Emprendemento Cooperativo"

Baixo o título "Sociedades Cooperativas e Autoemprego", a Universidade da Coruña organiza a 3ª Edición do Curso de Emprendemento Cooperativo, que se celebrará a vindeira semana simultáneamente nos campus da Coruña e do Ferrol ...seguir lendo

Programa de apoio a emprendedores/as en paro que esgotasen as prestacións por desemprego

A Consellería de Traballo e Benestar abriu a convocatoria para o ano 2009 do Programa de Apoio ás novas iniciativas empresariais promovidas por persoas desempregadas que xa esgotasen as súas prestacións por desemprego e que, ademais, xeren emprego estable para persoas demandantes de emprego ...seguir lendo

Un certame para emprendedores axuda aos universitarios a facer realidade os seus proxectos empresariais en Lugo

Objeto: estatua conmemorativa del premio

Unha das categorías dos 'Premios Anuais á iniciativa, a actividade e a promoción empresariais', que convoca a Fundación CEL-Iniciativas por Lugo, é o Premio a Proxectos Universitarios de Creación de Empresa, dirixido a mozas e mozos universitarios.

A Fundación CEL Lugo vén de convocar os seus Premios á Iniciativa Empresarial, que teñen como obxectivo fomentar e recoñecer a creación de empresas e actividades de investigación que den lugar a innovacións tecnolóxicas, ou de outro tipo, aplicables ás empresas ...seguir lendo

Presentación do libro "Emprendedores: 25 casos de éxito en el mundo empresarial" en Ourense

A Confederación Empresarial de Ourense, CEO, organiza a xornada "Pautas e recomendacións para emprender: experiencias de éxito empresarial" que se celebrará o vindeiro martes, 17 de novembro na sede da CEO ...seguir lendo

Unha empresa galega crea un software que calcula o impacto económico do turismo para predicir a xeración de emprego

A empresa Gimena Enxeñería terá listo "en catro ou cinco meses" un software para o estudo do impacto do turismo en concellos e mancomunidades de Galicia que, entre outras cousas, pretende predicir a xeración de postos de traballo dun posible aumento do número de turistas. Funciona como "un observatorio" con datos e enquisas do sector e analiza o tecido empresarial dunha zona determinada ...seguir lendo

Proxectos con premio

A Fundación CEL convocou a duodécima edición dos seus Premios Anuais á Iniciativa, á Actividade e á Promoción empresariais, un certame co que nestos tempos difíciles, de busca de oportunidades e de formulación de alternativas, lles brinda o seu apoio aos emprendedores, estudantes e empresarios en activo que queiran luz verde para os seus novos proxectos. O prazo manterase aberto dende o día 6 de novembro ata as 20:00 horas do 29 de xaneiro do 2010


Máis información

Emprender para superar la crisis

Recientemente CEOE ha constituido el Foro de Promoción de Emprendedores, el cual tengo el honor de presidir. Teniendo en cuenta la realidad del momento y los pocos pasos que se están dando para fomentar la creación de empresas, y lo que es más importante, para la supervivencia de las ya creadas, vimos más necesario que nunca la creación de una comisión que sea capaz de evaluar y trabajar en la búsqueda de soluciones en esta línea ...seguir leyendo

Inaugurado en Compostela o edificio Emprendia da USC

Personalidades en acto inaugural

A ministra de Ciencia e Innovación, Cristina Garmendia, asistiu este martes, 3 de novembro, á inauguración oficial do Edificio Emprendia, emprazado no campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela, un centro de intercambio intensivo en investigación e innovación que acolle baixo o mesmo teito á universidade e á empresa ...seguir lendo

Ábrase o prazo para participar na "X Edición do Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da USC"

A Universidade de Santiago de Compostela, USC, vén de abrir o prazo de presentación de candidaturas para a décima edición do seu Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras, que ten como obxecto premiar a emprendedores/as que presenten ideas susceptibles de se converter en proxectos empresariais a curto e medio prazo ...seguir lendo