AGESTIC

Noticias

A Fundación Telefónica recolle no seu informe a realidade dixital de Galicia en 2011

A Fundación Telefónica vén de presentar o seu 12º informe anual sobre “La Sociedad de la Información en España 2011”. Este informe é un dos estudos de referencia no sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC). A Xunta de Galicia colabora, un ano máis, a través do OSIMGA, realizando un diagnóstico da realidade dixital de Galicia que examina os seus indicadores e proxectos máis relevantes. O informe destaca que o ano 2011 supuxo un forte impulso da Sociedade da Información en España cara á vida dixital principalmente grazas ao avance da dixitalización de contidos e das actividades alén do lecer, que medraron un 34% ...

Fonte: OSIMGA Ler máis

Las nuevas tendencias en comunicación política centrarán la agenda de la Jornada Política2.cero

Madrid acogerá con un formato renovado y nuevos ponentes de reconocido prestigio, la Jornada Política2.cero que convoca el próximo 15 de febrero a todos los profesionales en marketing y comunicación a compartir un espacio de debate especializado en el centro de la capital. Este evento mostrará lo nuevo sobre la comunicación política en Internet y profundizará en las tendencias que marcarán la relación entre ciudadanos, líderes e instituciones en los próximos años ...

Fuente: redticos Leer más

Faise público o programa da segunda edición de Compostweets

Tras o éxito de asistencia da súa primeira edición, o Encontro Anual de Social Media en Galicia Compostweets trasladarase ao salón de actos do Centro de Novas Tecnoloxía de Galicia (CNTG) o vindeiro 25 de febreiro, local con aforo para 225 persoas que acollera un evento dirixido a profesionais e entusiastas das redes sociais que queiran xuntarse fisicamente para intercambiar comentarios, compartir coñecementos e, como din moitos habituais deste tipo de actos, facer networking e desvirtualizar. Para cumprir estes obxectivos Compostweets 2012 contará coa presenza de figuras recoñecidas no contorno 2.0 coma o profesor José Luis Orihuela, a publicista Raquel Lemos, blogueiros como Javier Pedreira Wicho e David Serantes ou consultores de social media como Francesc Pumarola e Javier Rocamora, que repartirán as súas intervencións seguindo o programa que veñen de facer público dende a organización deste evento coordinado por Alfonso Freire:

Fonte: Código Cero Ler máis

RedCoruna intégrase no Grupo Host Europe

A empresa de hospedaxe de páxinas web e outros servizos asociados radicada en Lugo, RedCoruna, anunciou hoxe que pasa a formar parte do Grupo Host Europe, o que supón a consolidación do proxecto de Luis Veiga, fundador de RedCoruna que agora quedará á cabeza do grupo para España...

Fonte: Código Cero Ler máis

A Xunta desvela as principais liñas de actuación TIC que levará a cabo en 2012

Entre as liñas de acción que están por vir, ademais da posta en marcha deste MapaTIC.gal, o Centro Demostrador ofrecerá durante 2012 novos cursos formativos e seminarios prácticos presenciais, destinados tanto a profesionais do sector TIC como aos integrantes do resto dos sectores produtivos do noso país. O obxectivo destas accións é, segundo informaron, “achegar a ambos colectivos as últimas tendencias, desde unha perspectiva no só tecnolóxica senón tamén de negocio, complementando así a formación técnica de alto nivel que xa se está a impartir no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia”. Outra das novidades anunciadas será ...

Fonte: Código Cero Ler máis

O Vindeira Capital Network, en maio

Vindeira Capital Network é unha iniciativa promovida por empresas galegas vinculadas ao sector TIC que se vén desenvolvendo desde 2010 e que pretende reunir investidores, analistas e especialistas co obxecto de moldear o futuro do investimento neste sector en Galicia, a partir dunha estrutura de capital risco estable para este sector...

Fonte: Emprendia Ler máis

Entra en funcionamento o Mapa TIC.gal, un punto de encontro na Rede para provedores e demandantes de tecnoloxía

Con puntualidade inglesa, e co entusiasmo que a caracteriza cando se trata de falar de ferramentas de gran utilidade para tódolos galegos e galegas, a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, presentou hoxe o Mapa de Capacidades Tecnolóxicas de Galicia, unha plataforma virtual que servirá de punto de encontro na Rede entre empresas TIC e empresas doutros sectores que demandan solucións tecnolóxicas...

Fonte: Código Cero Ler máis

A Xunta porá en marcha en 2012 o programa de voluntariado dixital para apoiar a integración da cidadanía galega na sociedade da información

O Goberno galego vai pór en marcha en 2012 o Programa de Voluntariado Dixital para contribuír á incorporación das novas tecnoloxías á vida cotiá de toda a cidadanía galega, mediante a colaboración e compromiso de persoas voluntarias, co obxectivo de fomentar a inclusión social, utilizando as TIC como ferramenta. A posta en marcha do Programa de Voluntariado Dixital concíbese como un complemento ás actuacións que está a levar a cabo a Xunta no ámbito da alfabetización dixital, como a formación a través da Rede de Centros para a Modernización e Innovación Tecnolóxica (CeMIT), co obxectivo de achegar as TIC a unha maior porcentaxe da poboación e favorecendo a inclusión dixital de toda a cidadanía. Trátase de evitar que ninguén quede á marxe do avance tecnolóxico xa que é unha forma máis de exclusión social a que hai que facer fronte ...

Fonte: IMIT Ler máis

Lonxa de inversores en Biotecnoloxía

BIC Galicia e Bioga, organizan unha “Lonxa de inversores” que terá lugar o próximo 31 de xaneiro no Hotel Puerta del Camino en Santiago de Compostela.

A Lonxa ten como obxetivo principal promover á inversión productiva no sector biotecnolóxico a través da organización dun foro que permita encontros cara a cara entre emprendedores de proxectos biotecnolóxicos e potenciais inversionistas.

Este evento permitirá a os emprendedores e as empresas máis innovadoras do sector biotecnolóxico galego presentar o séu plan de negocio ante un conxunto de inversores baixo o esquema de networking, e , de forma complementaria, daranse a coñecer os diferentes productos e liñas de financiación para o apoio de proxectos biotecnolóxicos e as entidades representantes de productos de financiación de capital privado.

O acto celebrarase o vindeiro día 31 de xaneiro de 2012, en horario de 9:00-14:00 e de 15:30-17:00, no Hotel Puerta del Camin de Santiago de Compostela, na rúa Miguel Ferro Caaveiro s/n (Sala Quintana).

Progama completo e máis información

Fonte: BIOGA

O Cluster TIC Galicia organiza unha Xornada de Negocio e Networking en Compostela

Empresas, profesionais e persoas emprendedoras en xeral con interese nas novas tecnoloxías, veñen de ser convocadas polo Cluster TIC Galicia á primeira edición da Xornada de Negocio e Networking, que celebrará en Santiago de Compostela o vindeiro 16 de febreiro. A entidade organiza esta xornada baixo o lema Facendo nacer as oportunidades, sabedora de que será un punto de encontro efectivo entre profesionais, empresarios e emprendedores do sector...

Fonte: Código Cero Ler máis