Convocatoria pública para a selección de Expertos TIC no Desenvolvemento de Produtos Innovadores para empresas TIC de Galicia
Bases da selección:
Este proxecto englóbase dentro das axudas establecidas na Resolución do 5 de febreiro de 2009 (DOG núm. 31, do 13 de febreiro) pola que se publican as Bases reguladoras dos incentivos económicos do IGAPE.
O proxecto consiste nun programa de Cualificación Profesional: expertos TIC no desenvolvemento de produtos innovadores.
O perfíl desexado dos candidatos é:
- Titulados universitarios en Enxeñería Técnica Informática
- Titulados en 2º Ciclo de FP Especialidade de Informática
- Titulados universitarios en Enxeñería de Telecomunicacións
- Técnicos Superiores en Artes Plásticas e Deseño
- Titulados universitarios en Enxeñería Industrial
- Outras titulacións sempre que a súa actividade estea orientada ao Desenvolvemento de produtos innovadores
O proceso de selección dos candidatos levarase a cabo por AGESTIC e polas empresas contratantes atendendo aos principios de transparencia, publicidade e libre concorrencia. Crearase unha Comisión de valoración das solicitudes recibidas (ata o 29 de marzo de 2010), que estará formada polo Presidente de AGESTIC e dous vogais da Asociación.
O baremo para valorar as candidaturas será o seguinte:
1 – Puntuación máxima por Currículum Vítae: 5 puntos
2 – Puntuación máxima por experiencia profesional: 3 puntos
3 – Puntuación máxima por cursos realizados relacionados coas labores a desempeñar: 2 puntos
Citarase para unha entrevista persoal a aqueles candidatos que superen o primeiro proceso de selección, que serán os que obteñan as maiores puntuacións de acordo co baremo antes exposto.
Os seleccionados serán contratados e formados nas empresas participantes neste proxecto. A contratación será por un período dun ano nunha das entidades que interveñen no proxecto e que se atopan ubicadas en Lugo, Monforte de Lemos, Santiago de Compostela e Vigo.

