Javier guerra presenta o re-Solve+, destinado a fortalecer a estrutura financeira das pemes galegas
O conselleiro de Economía e Industria destacou que este programa substitúe e mellora sensiblemente ao re-Solve ao cubrir operacións de ata 500.000 euros, fronte ao límite anterior de 40.000 euros. A Xunta da un paso adiante nos compromisos asumidos a través do Plan re-Forza 2010 do Igape para facer fronte ás restricións de crédito. Guerra salientou que o novo programa inclúe como beneficiarios das operacións de financiamento, avaladas nun 100%, ás pemes. A nova liña entrará en vigor unha vez se asine o correspondente convenio coas SGR e cando se publiquen as bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia ...

