Noticias
Telefónica convoca aos empresarios galegos para dar conta de casos de éxito no uso das redes sociais
Telefónica España vai celebrar o vindeiro 7 de febreiro, en Santiago, unha xuntanza profesional para amosar as posibilidades das redes sociais e as novas tecnoloxías en xeral no camiño da rendibilidade no mercado. A cita, convocada baixo o epígrafe As TIC e os social media: claves para a competitividade, desenvolverase a partir das 12 horas no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela. Segundo apunta ...
Fonte: Código Cero Ler máis da nova "Telefónica convoca aos empresarios galegos para dar conta de casos de éxito no uso das redes sociais", enlace externo a AGESTIC
A Xunta pon en marcha o programa de Voluntariado Dixital para apoiar a integración da cidadanía galega na Sociedade da Información
A iniciativa suma a solidariedade individual, a responsabilidade social das empresas TIC e o aproveitamento das infraestruturas públicas para incrementar a oferta pública de alfabetización dixital. O programa articúlase sobre a figura do voluntario dixital, as entidades de acción voluntaria, organismos públicos e privados e empresas tecnolóxicas que actuarán como mecenas dixitais. Unha unidade de coordinación, integrada por profesionais da Administración, porá en contacto as organizacións de voluntariado e aos voluntarios para a realización das iniciativas de inclusión dixital. As entidades colaboradoras e os voluntarios poderán adherirse ao programa a través da web http://voluntariadodixital.xunta.es. O voluntario dixital deberá ser maior de 18 anos e ter un coñecemento tecnolóxico de usuario medio O programa desenvolverase ao longo de 2012 dividido en dúas convocatorias semestrais, a primeira delas abrirase o 1 de febreiro Os obxectivos para finais de ano son acadar o apoio de 200 voluntarios, e de 100 entidades colaboradoras...
A Fundación Telefónica recolle no seu informe a realidade dixital de Galicia en 2011
A Fundación Telefónica vén de presentar o seu 12º informe anual sobre “La Sociedad de la Información en España 2011”. Este informe é un dos estudos de referencia no sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC). A Xunta de Galicia colabora, un ano máis, a través do OSIMGA, realizando un diagnóstico da realidade dixital de Galicia que examina os seus indicadores e proxectos máis relevantes. O informe destaca que o ano 2011 supuxo un forte impulso da Sociedade da Información en España cara á vida dixital principalmente grazas ao avance da dixitalización de contidos e das actividades alén do lecer, que medraron un 34% ...
Las nuevas tendencias en comunicación política centrarán la agenda de la Jornada Política2.cero
Madrid acogerá con un formato renovado y nuevos ponentes de reconocido prestigio, la Jornada Política2.cero que convoca el próximo 15 de febrero a todos los profesionales en marketing y comunicación a compartir un espacio de debate especializado en el centro de la capital. Este evento mostrará lo nuevo sobre la comunicación política en Internet y profundizará en las tendencias que marcarán la relación entre ciudadanos, líderes e instituciones en los próximos años ...
Fuente: redticos Leer más de la noticia "Las nuevas tendencias en comunicación política centrarán la agenda de la Jornada Política2.cero", enlace externo a AGESTIC
Faise público o programa da segunda edición de Compostweets
Tras o éxito de asistencia da súa primeira edición, o Encontro Anual de Social Media en Galicia Compostweets trasladarase ao salón de actos do Centro de Novas Tecnoloxía de Galicia (CNTG) o vindeiro 25 de febreiro, local con aforo para 225 persoas que acollera un evento dirixido a profesionais e entusiastas das redes sociais que queiran xuntarse fisicamente para intercambiar comentarios, compartir coñecementos e, como din moitos habituais deste tipo de actos, facer networking e desvirtualizar. Para cumprir estes obxectivos Compostweets 2012 contará coa presenza de figuras recoñecidas no contorno 2.0 coma o profesor José Luis Orihuela, a publicista Raquel Lemos, blogueiros como Javier Pedreira Wicho e David Serantes ou consultores de social media como Francesc Pumarola e Javier Rocamora, que repartirán as súas intervencións seguindo o programa que veñen de facer público dende a organización deste evento coordinado por Alfonso Freire:
Fonte: Código Cero Ler máis da nova "Faise público o programa da segunda edición de Compostweets", enlace externo a AGESTIC
RedCoruna intégrase no Grupo Host Europe
A empresa de hospedaxe de páxinas web e outros servizos asociados radicada en Lugo, RedCoruna, anunciou hoxe que pasa a formar parte do Grupo Host Europe, o que supón a consolidación do proxecto de Luis Veiga, fundador de RedCoruna que agora quedará á cabeza do grupo para España...
Fonte: Código Cero Ler máis da nova "RedCoruna intégrase no Grupo Host Europe", enlace externo a AGESTIC
A Xunta desvela as principais liñas de actuación TIC que levará a cabo en 2012
Entre as liñas de acción que están por vir, ademais da posta en marcha deste MapaTIC.gal, o Centro Demostrador ofrecerá durante 2012 novos cursos formativos e seminarios prácticos presenciais, destinados tanto a profesionais do sector TIC como aos integrantes do resto dos sectores produtivos do noso país. O obxectivo destas accións é, segundo informaron, “achegar a ambos colectivos as últimas tendencias, desde unha perspectiva no só tecnolóxica senón tamén de negocio, complementando así a formación técnica de alto nivel que xa se está a impartir no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia”. Outra das novidades anunciadas será ...
Fonte: Código Cero Ler máis da nova "A Xunta desvela as principais liñas de actuación TIC que levará a cabo en 2012", enlace externo a AGESTIC
O Vindeira Capital Network, en maio
Vindeira Capital Network é unha iniciativa promovida por empresas galegas vinculadas ao sector TIC que se vén desenvolvendo desde 2010 e que pretende reunir investidores, analistas e especialistas co obxecto de moldear o futuro do investimento neste sector en Galicia, a partir dunha estrutura de capital risco estable para este sector...
Fonte: Emprendia Ler máis da nova "O Vindeira Capital Network, en maio", enlace externo a AGESTIC
Entra en funcionamento o Mapa TIC.gal, un punto de encontro na Rede para provedores e demandantes de tecnoloxía
Con puntualidade inglesa, e co entusiasmo que a caracteriza cando se trata de falar de ferramentas de gran utilidade para tódolos galegos e galegas, a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, presentou hoxe o Mapa de Capacidades Tecnolóxicas de Galicia, unha plataforma virtual que servirá de punto de encontro na Rede entre empresas TIC e empresas doutros sectores que demandan solucións tecnolóxicas...
Fonte: Código Cero Ler máis da nova "Entra en funcionamento o Mapa TIC.gal, un punto de encontro na Rede para provedores e demandantes de tecnoloxía", enlace externo a AGESTIC
A Xunta porá en marcha en 2012 o programa de voluntariado dixital para apoiar a integración da cidadanía galega na sociedade da información
O Goberno galego vai pór en marcha en 2012 o Programa de Voluntariado Dixital para contribuír á incorporación das novas tecnoloxías á vida cotiá de toda a cidadanía galega, mediante a colaboración e compromiso de persoas voluntarias, co obxectivo de fomentar a inclusión social, utilizando as TIC como ferramenta. A posta en marcha do Programa de Voluntariado Dixital concíbese como un complemento ás actuacións que está a levar a cabo a Xunta no ámbito da alfabetización dixital, como a formación a través da Rede de Centros para a Modernización e Innovación Tecnolóxica (CeMIT), co obxectivo de achegar as TIC a unha maior porcentaxe da poboación e favorecendo a inclusión dixital de toda a cidadanía. Trátase de evitar que ninguén quede á marxe do avance tecnolóxico xa que é unha forma máis de exclusión social a que hai que facer fronte ...

