
Marca la diferencia
- Nuevos cursos 2013.
- Formación bonificada.
Xornada de traballo: Como licenzar e traballar con licenzas libres
Organizado polo CIXUG, o vindeiro mércores 21 de novembro, a partir das 17:00 horas, terá lugar no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia unha xornada de traballo sobre como licenzar e traballar con licenzas libres.
Se ben é certo que cada vez hai un maior coñecemento e uso do Software Libre entre a cidadanía e as empresas, tamén é certo que o coñecemento sobre as distintas licenzas libres e sobre o procedemento axeitado para empregalas nos proxectos propios é aínda moi deficiente.
Así existe moita confusión respecto das licenzas libres, dúbidas sobre por exemplo que licenza escoller?, estou condicionado polo software empregado para o meu proxecto?, cales son as implicacións da licenza escollida?, cales son os meus dereitos se publico cunha licenza libre?, como debo aplicar a licenza ao meu código?, é suficiente con poñer o meu código nunha forxa pública e dicir que é GPL? ...
A xornada comezará cunha introdución sobre licenzas de software e a súa base legal para, a seguir, coñecer un exemplo práctico de como se licenza unha obra e rematar coa resolución de diversos casos prácticos nos que se fará unha presentación de cada suposto, se analizarán posibles solución e se resolverán as preguntas que se planteen.
A asistencia é de balde e estará condicionada ao aforo do local.
Para contactar, consultar o programa completo ou obter máis información: http://osl.cixug.es/xornada-licenzas/ (enlace externo a AGESTIC)
Conferencia de Carlos Barrabés en Santiago de Compostela
Este martes 20 de noviembre, de 17:30 a 19:00 horas, tendrá lugar en el Hotel Puerta del Camino (R/ Miguel Ferro Caaveiro, s/n) de Santiago de Compostela, la conferencia "Innoación al alcance de las PYMES: cómo competir en un entorno cambiante" con un único y excepcional ponente: Carlos Barrabés
Programa
17.30h Benvida. D. Xoán Martínez Reboredo, Presidente da Plataforma Tecnolóxica Galega de Loxística. LOXISGA.
17.35h Innovación ao alcance das pemes: como competir nun entorno cambiante. D. Carlos Barrabés.
19.00h Viño de cortesía
Entrada libre previa inscrición. Para inscribirse faga clic aquí.(enlace externo a AGESTIC)
Organiza: Plataforma Tecnolóxica Galega de Loxística
Carlos Barrabés
Considerado por diferentes medios un dos españois máis influíntes, foi elixido Young Global Leader en 2010 polo FORO ECONÓMICO MUNDIAL (Davos), recoñecéndoo como un dos líderes menores de 40 anos que poden cambiar o mundo. Pioneiro ós 25 anos no lanzamento dun dos primeiros éxitos de comercio electrónico a escala mundial, é fundador de máis de quince empresas en diferentes ámbitos. Tamén traballou na última década como asesor de banca e como colaborador habitual de múltiples programas con Gobernos e institucións en todo o mundo. Pertence ós Consellos Asesores de VODAFONE, ASHOKA, FM LOGISTIC, IDEAS 4ALL, UNICEF e ESRI, entre outros. É colaborador activo en programas de desenvolvemento e cooperación internacional e impulsor de STEP ONE, aceleradora de negocios en Silicon Valley que acollerá a máis de 100 empresas europeas este ano.
Jornada de Internacionalización de empresas y proyectos TIC Galicia - Norte de Portugal
Tras la celebración el pasado septiembre de los Foros NACCE, el proyecto reanuda sus encuentros de networking con dos jornadas de exposición de experiencias de internacionalización y colaboración de empresas y proyectos TIC.
En la primera jornada, a celebrar en la Cámara de Comercio de Vigo el próximo jueves 29 de Noviembre, mentores como Elías Pérez Carrera de la empresa Quobis, Javier Represas de BridgeWorld y Manuel García de Zarpamos darán las claves para la internacionalización de proyectos tecnológicos además de poder conocer experiencias reales de proyectos/empresas internacionalizadas o que están en proceso de expansión internacional.
El programa es el siguiente:
10.00 Horas. Apertura Institucional. 10.30 Horas. Intervención e introducción de la Jornada a cargo de Elías Pérez Carrera -QUOBIS-" Internacionalización: Proyecto y Proceso"
10.45 Horas. Presentación de Proyectos de Internacionalización TIC
11.30 Horas Descanso café
12.00 Horas. "Cómo, con quién y por qué colaborar en un proyecto de internacionalización" . Ponente/Mentor Javier Represas BRIGDEWORLD y profesor/mentor de NACCE
12.30 Horas. Segunda parte presentación proyectos de Internacionalización- Introduce Mentor : Elías Pérez Carrera
13.30 Horas. "Qué aporta una aceleradora de empresas a los emprendedores": Interviene Ponente/Mentor: Manuel García Fundador de ZARPAMOS.
14.00 Horas. Fin de Jornada de Mañana
14.15 Horas. Almuerzo- Networking
15.30 Horas. Mesas de Asesoramiento - Mentoring. Los Mentores de la mañana estarán a disposición de los asistentes para consultas personalizadas (solicitar cita en la inscripción del evento)
18.00 Horas. Fin de la Jornada
Jornada abierta y gratuita. Almuerzo por cargo de la organización: inscripción (enlace externo a AGESTIC)
Seminario sobre introdución a Big Data
Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Traballo e Benestar e impartido por Oracle, o vindeiro día 13 de decembro, de 9:30 a 13:30 horas, terá lugar no salón de actos do CNTG un seminario técnico sobre introdución a Big Data: Captura, tratamento e análise de cantidades voluminosas de datos desestruturados (blogs, redes sociais etc..) obtidos de diferentes fontes .
Durante o seminario serán obxecto de consideración os conceptos e fundamentos do Big Data e o procesamento de datos, os casos de uso (para que se utiliza), a tecnoloxía Hadoop, as bases de datos noSQL, a linguaxe R e, finalmente, as solucións que ofrece Oracle ao Big Data.
Programa Erasmus para novos emprendedores e PEMES
Co obxectivo de axudar a novos emprendedores a acadar habilidades para xestionar pemes, a Unión Europea vén de lanzar o cuarto ciclo do programa europeo de intercambio de emprendedores e empresas –Erasmus for Young Entrepreneurs– que se desenvolve en Galicia coordinado por Uninova (USC) e que estará en vigor ata fin de 2013.
Ao amparo deste programa, os emprendedores galegos que teñan un plan de empresa, ou coa súa empresa xa constituida e cun máximo de tres anos funcionano, terán a oportunidade de compartir unha estadía de entre un e seis meses cun empresario experimentado doutro país da UE. Por outro lado, tamén se poden acoller ao programa empresas galegas con máis de tres anos de experiencia interesadas en acoller a un emprendedor doutro país.
O Igape colabora na difusión e no desenvolvemento das actividades deste programa, que constitúe unha oportunidade para os emprendedores de aprender de empresarios con máis experiencia que dirixan unha pyme noutro país da UE, facilitándolle o acceso e novos socios, aliados e mercados. Do mesmo xeito, tamén os empresarios participantes poderán abrir o seu mercado a outros países comunitarios.
TechDay: Desenvolvemento de apps para Windows
O día 27 de novembro a partir das 9:30 horas, terá lugar nas instalacións do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Consellería de Traballo e Benestar, unha xornada técnica impartida por Microsoft orientada a desenvolvemento para Windows.
No decurso da xornada trataranse temas relacionados coas últimas tecnoloxías e plataformas para o desenvolvemento de aplicacións para Windows: Windows8, Windows Phone 8 e Azure
A xornada vai dirixida preferentemente a desenvolvedores/as, programadores/as, estudantes interesados no DAI e, en xeral, perfís técnicos que desexen obter información e coñecementos relacionados coa temática do desenvolvemento e programación en contornas Windows.
O acceso ao evento, previa inscrición a realizar en liña, é de balde e condicionado ao aforo do local.
Para consultar polo miúdo os contidos a tratar e/ou INSCRIBIRSE no evento, pique nesta ligazón (externo a AGESTIC)
Más noticias
Agenda
Proyecto 'Ni mas ni menos'
Ni mas ni menos: Igualdad de género en la Sociedad de la Información
Finalista en los premios FUNDETEC 2008 en la categoría de Mejor Proyecto de Entidad no Lucrativa Destinada a Ciudadanos
Proyecto cofinanciado por el Plan Avanza, que fue uno de los 19 proyectos seleccionados, de entre los más de 170 presentados en toda España, por el Ministerio de Industria, Turismo y Comercio dentro del Plan Avanza 2007.















