AGESTIC

Xornada técnica do IGAPE: Internacionalización e incentivos á innovación das PEMES

Os incentivos e axudas á internacionalización e á innovación aos que poden acceder as pemes galegas será o obxectivo da xornada técnica organizada pola Consellería de Economía e Industria a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que se desenvolverá o próximo 21 DE MARZO, a partir das 18 horas, na Confederación de Empresarios de Pontevedra - CEP. Avda. García Barbón, 104 - VIGO.

Neste encontro haberá relatorios sobre capital risco como instrumento de financiamento complementario ou alternativo, os apoios do Igape á internacionalización das empresas ou o novo marco de axudas e servizos de apoio á innovación e á competitividade para 2012.

Para asistir á Xornada Técnica inscripción na CEP: inscrición(.doc)

Teléfonos de contacto: 986 439 611 ou 902 300 903

Participa e acelera o teu proxecto

Abre mercado en Francia: punto de encontro coa plataforma empresarial de Francia

Os vindeiros 26 a 28 de marzo estará en Santiago de Compostela a Directora da Plataforma da Rede Pexga en Francia, Mª Belén García Fernández.

Durante eses días, está previsto que se manteñan entrevistas individualizadas no Igape cos empresarios galegos que estean interesados en explorar este mercado ou en ampliar a súa presenza nel.

Ademais, se así o solicita tamén poderán recibir información sobre as axudas e outros servizos de apoio á internacionalización que presta o Igape, e sobre a Enterprise Europe Network: servizos e oportunidades.

A Directora desta plataforma empresarial posta en marcha grazas ao acordo de cooperación entre a Consellería de Economía e Industria, a través do IGAPE, e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), poderá facilitar información directa aos empresarios, así como recibir solicitudes de encargos concretos referidos a ese mercado.

Data: 26-28 de Marzo de 2012

Lugar: Edificio IGAPE, Complexo Administrativo de San Lázaro, Santiago de Compostela.

Máis información: 902 300 903

Inscrición

Uninova coordina en Galicia “Erasmus para Novos Emprendedores”

Uninova, a incubadora de empresas da USC e membro do programa Uniemprende, participa no Programa Erasmus como organización intermedia, liderando un consorcio do que tamén forman parte as Universidades de Münster, SPINPARK de Portugal e KPLUSV dos Países Baixos.

O programa Erasmus para Novos Emprendedores é unha iniciativa dirixida a axudar a novos emprendedores (NE) a adquirir habilidades para xestionar PEMES.

Para elo os emprendedores terán a posibilidade de compartir un tempo (de 1 a 6 meses) cun empresario experimentado doutro país da Unión Europea.

Os requisitos que debe cumprir o novo emprendedor é ter un plan de empresa ou unha empresa xa constituída de non máis de 3 anos de existencia, ademais de motivación e ganas de vivir unha experiencia que por seguro marcará a súa traxectoria empresarial.

Las 'startups' españolas florecen en medio de la crisis

Los españoles, que se enfrentan a la perspectiva de una recesión tras años de crisis económica y a una de las tasas de paro más altas de Europa, están prestando cada vez más atención a las 'startups', las pequeñas empresas basadas en Internet, ya sea a la hora de fundarlas o de financiarlas...

Fuente: CIBERSUR Leer más

Distribuir contenido

Premios y Menciones

Entrega de premios fundetec 2012

El proyecto Destino Empleo ha ganado el Premio Fundetec 2012 al ‘Mejor Proyecto de Entidad Sin Ánimo de Lucro dirigido a Ciudadanos’

El proyecto Camino de los Satélites ha sido finalista en los Premios FICOD 2010 en la categoría "Mejor proyecto de inclusión digital"

La presente web corporativa de AGESTIC ha sido finalista en los Premios de Accesibilidad Web TAW 2009

El proyecto Ni más ni menos ha sido finalista en los Premios Fundetec 2008

Proyectos

Proyecto Ni Mas Ni Menos

El Camino de los Satélites

Proyecto: Responsabilidad Social Empresarial en el sector TIC

portal INNOVA-G

Revista Digital de Innovación

Catálogo de Empresas Innovadoras

Proyecto Impulso rural

Proyecto Brújula

Proyecto RedTicos