AGESTIC

Talleres para favorecer a internacionalización das empresas galegas

Favorecer a internacionalización das empresas galegas é o obxectivo que busca o ciclo de Talleres Internacionalización Igape-Universidade-Empresa, impulsado polo Instituto dependente da Consellería de Economía e Industria como unha extensión das actividades organizadas arredor do Máster de Comercio Internacional que se está a desenvolver na Universidade de Vigo, no marco dun convenio entre o Igape e a Universidade.

Este ciclo de talleres de internacionalización está aberto a profesionais de empresas galegas interesadas na internacionalización. Os talleres desenvolvéronse, durante a súa primeira fase, o pasado mes de decembro, e comezan agora nunha segunda fase que se desenvolve durante os meses de febreiro e marzo.

Programa

Fonte: IGAPE

Participa e acelera o teu proxecto

A Xunta pon en marcha o programa de Voluntariado Dixital para apoiar a integración da cidadanía galega na Sociedade da Información

A iniciativa suma a solidariedade individual, a responsabilidade social das empresas TIC e o aproveitamento das infraestruturas públicas para incrementar a oferta pública de alfabetización dixital. O programa articúlase sobre a figura do voluntario dixital, as entidades de acción voluntaria, organismos públicos e privados e empresas tecnolóxicas que actuarán como mecenas dixitais. Unha unidade de coordinación, integrada por profesionais da Administración, porá en contacto as organizacións de voluntariado e aos voluntarios para a realización das iniciativas de inclusión dixital. As entidades colaboradoras e os voluntarios poderán adherirse ao programa a través da web http://voluntariadodixital.xunta.es. O voluntario dixital deberá ser maior de 18 anos e ter un coñecemento tecnolóxico de usuario medio O programa desenvolverase ao longo de 2012 dividido en dúas convocatorias semestrais, a primeira delas abrirase o 1 de febreiro Os obxectivos para finais de ano son acadar o apoio de 200 voluntarios, e de 100 entidades colaboradoras...

Fonte: IMIT Ler máis

A Fundación Telefónica recolle no seu informe a realidade dixital de Galicia en 2011

A Fundación Telefónica vén de presentar o seu 12º informe anual sobre “La Sociedad de la Información en España 2011”. Este informe é un dos estudos de referencia no sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC). A Xunta de Galicia colabora, un ano máis, a través do OSIMGA, realizando un diagnóstico da realidade dixital de Galicia que examina os seus indicadores e proxectos máis relevantes. O informe destaca que o ano 2011 supuxo un forte impulso da Sociedade da Información en España cara á vida dixital principalmente grazas ao avance da dixitalización de contidos e das actividades alén do lecer, que medraron un 34% ...

Fonte: OSIMGA Ler máis

Faise público o programa da segunda edición de Compostweets

Tras o éxito de asistencia da súa primeira edición, o Encontro Anual de Social Media en Galicia Compostweets trasladarase ao salón de actos do Centro de Novas Tecnoloxía de Galicia (CNTG) o vindeiro 25 de febreiro, local con aforo para 225 persoas que acollera un evento dirixido a profesionais e entusiastas das redes sociais que queiran xuntarse fisicamente para intercambiar comentarios, compartir coñecementos e, como din moitos habituais deste tipo de actos, facer networking e desvirtualizar. Para cumprir estes obxectivos Compostweets 2012 contará coa presenza de figuras recoñecidas no contorno 2.0 coma o profesor José Luis Orihuela, a publicista Raquel Lemos, blogueiros como Javier Pedreira Wicho e David Serantes ou consultores de social media como Francesc Pumarola e Javier Rocamora, que repartirán as súas intervencións seguindo o programa que veñen de facer público dende a organización deste evento coordinado por Alfonso Freire:

Fonte: Código Cero Ler máis

Distribuir contenido

Premios y Menciones

Entrega de premios fundetec 2012

El proyecto Destino Empleo ha ganado el Premio Fundetec 2012 al ‘Mejor Proyecto de Entidad Sin Ánimo de Lucro dirigido a Ciudadanos’

El proyecto Camino de los Satélites ha sido finalista en los Premios FICOD 2010 en la categoría "Mejor proyecto de inclusión digital"

La presente web corporativa de AGESTIC ha sido finalista en los Premios de Accesibilidad Web TAW 2009

El proyecto Ni más ni menos ha sido finalista en los Premios Fundetec 2008

Proyectos

Proyecto Ni Mas Ni Menos

El Camino de los Satélites

Proyecto: Responsabilidad Social Empresarial en el sector TIC

portal INNOVA-G

Revista Digital de Innovación

Catálogo de Empresas Innovadoras

Proyecto Impulso rural

Proyecto Brújula

Proyecto RedTicos