AGESTIC PON EN MARCHA O PROXECTO "LUGO CENTRO DO CAMIÑO PRIMITIVO" co patrocinio do XACOBEO 2021 e da XUNTA DE GALICIA

LUGO, CENTRO DO CAMIÑO PRIMITIVO
Xornadas de participación, debate e conclusións
Días Venres 18 en horario de 16:00h a 20:00 h e Sábado 19 de 10:00h a 14:00h (Outubro)
Lugar: Casa do Saber (Vicerrectorado da USC) Praza de Pio XII, LUGO
- Promover, difundir e achegar a peregrinos e cidadáns na tradición do Camiño máis antigo das existentes que ten o valor da autenticidade.
- Potenciar intercambios sociais no sentido crítico e participativo de cidadanía, entidades sociais e peregrinos, as asociacións veciñais, de empresarios, económicas e sociais.
- Aproveitar o atractivo, a boa imaxe cultural, social, económica e a apoxeo que ten a todos os niveis o Camiño e o seu recoñecemento a nivel europeo e mundial.
Estes tres obxectivos centraranse en:
- Crear e dinamizar un espazo de reflexión coa cidadanía activa e as entidades sociais comprometidas coa mellora de convivencia.
- Fortalecer a cooperación entre cidadáns e as entidades sociais.
- Garantir un proceso de colaboración a través da creación dunhas Xornadas de participación da cidadanía cos peregrinos.
- AGESTIC, como promotor, comprometido con desenvolvemento de LUGO, propón este proxecto pois entende así que, en todos os niveis, a paisaxe histórica, cultural, ambiental, turístico, tecnolóxico, do Camiño Primitivo ao seu paso pola provincia de LUGO merece maior proxección, entendendo que se debe debater o papel que xoga a capital como Centro do Camiño Primitivo na provincia.
As actividades teñen lugar na cidade de LUGO, invitando á participación de todos os concellos do Camiño Primitivo na provincia a través das canles municipais de información, tanto na web coma nos espazos de Internet públicos e privados, blogs que tratan co Camiño e as redes sociais que serán creadas baixo o nome; "LUGO CENTRO DO CAMIÑO PRIMITIVO", abrindo un Rexistro de Membros, cidadáns dos concellos, asociacións culturais e Amigos do Camiño, entidades sociais, asociacións empresariais, rurais e doutra sociedade civil, que desexen inscribirse libremente para contribuír coas súas ideas e opinións, sendo os protagonistas do proxecto.
As Xornadas celebraranse en locais da CASA DO SABER.
Día 18 de Outubro Xornada de Participación Cidadá, de 16.00 a 20 horas, con un debate moderado por Julio Giz e no que participarán María José Gómez, Ángel Trabada, José Manuel Carballo, Luis Latorre, Adolfo de Abel Vilela, Guido Álvarez e Emma Noriega.
Día 19 Xornada de Expertos no Camiño Primitivo e en Tecnoloxías Dixitais, de 10, a 14.00 Horas con dúas Mesas Redondas.
Mesa redonda 1. Patrimonio e Cultura no Camiño Primitivo, na que interveñan:
- Historiadores
- Representantes de Cultura- Xunta de Galicia
- Expertos e estudoso do Camiño Primitivo
- Arquitecto.
- Un experto presentador no Camiño.
Mesa redonda 2. El Camino Primitivo: Tecnología y Economía, na que interveñan:
- Representantes Asociación Hostalaría
- Representantes da Federación de Comercio
- Empresa Tecnolóxica
- Un experto presentador no Camiño
As Xornadas están abertas a toda a cidadanía e entidades e asociacións sociais cos obxectivos de promover o coñecemento e a visibilidade do Camiño Primitivo utilizando as tecnoloxías dispoñibles e discutir e proporcionar solucións para iniciativas dirixidas a mellorar a experiencia do Camiño tanto do peregrino como do turista co uso de tecnoloxías dixitais.
Debateranse aspectos como o estado do itinerario e as medidas adecuadas para fomentar publicamente o maior coñecemento do Camiño Primitivo de Santiago, ademais de analizar outros aspectos de interese como a restauración do patrimonio e inmoble, acondicionamento, conservación, seguridade vial, repercusión social e económica e outros.
Elaboraranse dúas enquisas que permitirán tanto a peregrinos como a cidadáns avaliar o estado do Camiño Primitivo de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo e filmaranse en vídeo as Xornadas para a posterior publicación en redes sociais.
As prioridades deste proxecto son:
- Destacar o patrimonio natural e cultural do Camiño Primitivo en Lugo
- Intercambio de experiencias no Camiño Primitivo de Santiago
- Abordar o Camiño como principal itinerario cultural europeo
- Destacar a cultura e a innovación
- Desenvolver as áreas rurais
- Promocionar Lugo e Galicia como destino de turismo cultural
- Intercambio cultural entre a poboación local e os visitantes e peregrinos
- Implicar á comunidade local e debater, o papel que xoga LUGO capital como Centro do Camiño Primitivo na provincia.