AGESTIC

Noticias para emprendedores

Sección creada e actualizada polo Técnico de Programas de Cooperación de AGESTIC.

Rede de Técnicos de Emprego de Galicia

Xornadas técnicas para a mellora competitiva das PEMES en Lugo, Ourense e Santiago

O Igape informará en detalle sobre as posibilidades de mellora que poden achegar ás Pemes os diagnósticos integrais de competitividade e os servizos avanzados ofertados a través do Programa Re-Acciona en tres xornadas técnicas que se desenvolverán o día 17 en Lugo, o día 18 en Ourense o día 19 en Santiago de Compostela.

Ademais de directivos e técnicos do Instituto, nas xornadas técnicas intervirán, para contar as súas experiencias, empresarios participantes no programa piloto desenvolvido ata o momento no marco do re-Acciona.

Programa e inscricións (enlace externo a AGESTIC)

Economía e Industria acaba de publicar a primeira convocatoria, a través do Igape, unha primeira oferta de máis de 400 diagnósticos integrais e servicios avanzados para a mellora da competitividade empresarial ao abeiro do programa re-Acciona. O prazo para solicitar os diagnósticos e servizos avanzados remata o próximo 31 de xullo.

Cientos de inversores privados, al rescate de los emprendedores

Los inversores privados han cobrado protagonismo en la financiación de proyectos empresariales, aunque la proliferación de redes de "business angels", viveros y aceleradoras de empresas hace la búsqueda más compleja que en la banca tradicional. Hay dinero para proyectos empresariales, pero hay que saber buscarlo. Y no en los bancos, desde luego. Así se deduce de la amalgama de fuentes y modos de financiación alternativos que se han convertido en la tabla de salvación para cientos de emprendedores y pequeñas empresas que ya no pueden ni recurrir a las clásicas tres efes, family, friends and fools (familia, amigos y locos), porque tampoco ellos tienen dinero. Fórmulas como el capital riesgo, los business angels...

Fuente: El Economista Leer más

Un proxecto da UVigo gaña o Concurso Emprendedor Universitario EOI

Un mozo enxeñeiro de Telecomunicacións da Universidade de Vigo vén de gañar a novena edición do Concurso Emprendedor Universitario EOI, un certame estatal creado no ano 2003 coa vocación de promover o desenvolvemento de ideas de negocio e fomentar a cultura empresarial entre os universitarios de toda España. Rubén Míguez impúxose na final a outros catro emprendedores procedentes de centros universitarios de Valencia, Vigo, Baleares e Andalucía...

Fonte: emprendia Ler máis

La revista Emprendedores premia la mejor iniciativa empresarial

La revista Emprendedores ha convocado los 8º Premios Emprendedores 
a la Mejor Iniciativa Empresarial. El proyecto ganador recibirá 15.000 euros. Tienes de plazo hasta el próximo 15 de octubre. El objetivo del "Premio Emprendedores a la Mejor Iniciativa Empresarial" es estimular el espíritu emprendedor apoyando económicamente y en especie el mejor proyecto para crear una empresa. Los participantes deberán enviar un plan de negocio desarrollado de acuerdo con los requisitos especificados en las bases. La empresa que se presente no deberá estar activa antes del 1 de octubre de 2012. El plazo de presentación de candidaturas abarca desde el 28 de junio hasta el 15 de octubre de 2012...

Fuente: Emprendia Leer más

Así será la nueva Ley del Emprendedor

El estímulo necesario para impulsar la actividad emprendedora vendrá a través de una nueva norma que está preparando el Gobierno. Menos burocracia, incentivos fiscales, facilidades para obtener crédito y apoyo a la internacionalización son las principales medidas...

Fuente: Expansión Leer más

Emprendemento xuvenil: Servizos e apoios en Galicia

Neste post presentamos algún dos organismos e programas que favorecen o emprendemento xuvenil na nosa comunidade. Consellería Economía e Industria: BIC Galicia Consellería Traballo Plan estratéxico Xuventude 2010-2013: Plan Xuventude Mostra sobre emprendimiento xuvenil: Programa Conecta Programa «Emprende» ...

Fonte: BIC Galicia Ler máis

Xornada técnica do IGAPE, Plan Revive Costa da Morte

Os incentivos e axudas aos que poden acceder os emprendedores, os autónomos e as pemes galegas para impulsar novos investimentos será o obxectivo principal da xornada técnica organizada polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que se desenvolverá o próximo 3 de xullo, a partir das 19 horas, no Pazo Torres do Allo (O Allo – ZAS).

Neste encontro concederase atención prioritaria ás especiais axudas habilitadas no marco do Plan Revive Costa da Morte, e haberá relatorios sobre apoios aos investimentos, ao emprendemento e a nova convocatoria do programa Re-Imaxina, pola que se habilitan liñas de financiamento para microempresas, emprendedores ou empresas xa consolidadas.

Para formalizar a súa inscrición na xornada, poden facelo enviando un correo electrónico á dirección informa@igape.es ou ben directamente no noso teléfono de información 902 300 903.

Programa -pdf-

REDE PEXGA: Presentación da rede e oportunidades de negocio en México

REDE PEXGA: Presentación da rede e oportunidades de negocio en México. SALT: Presentación servizo licitacións internacionais.

Data: 28 de xuño

Horario: 18:30 a 20:00

Lugar: Confederación de Empresarios de Lugo. Plaza de Santo Domingo, 6-8, 2ª planta

Con intervencións de: Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra. Presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla.

E presentación de oportunidades de negocio en México a cargo do Director da Plataforma da Rede Pexga en México, José Ángel Santamarina Estévez así como intervencións de responsables dos programas Pexga e Salt.

Inscrición en: http://xornadas.igape.es

Máis información: 902 300 903

V edición do Congreso Internacional Joven Empresario. 5 e 6 de xullo, en Vigo.

Os días 5 e 6 do próximo mes de xullo desenvolverase na cidade de Vigo o V edición do Congreso Internacional Joven Empresario, que organiza AJEGALICIA contando coa colaboración da Consellería de Economía e Industria a través do Igape.

Talento creativo na rede é o lema deste ano, querendo recoñecer e impulsar aos novos talentos empresariais e crear un espazo común de compartición de experiencias e coñecemento; o encontro está aberto á participación de empresarios de moi diversas áreas e países cos que AJE mantén unha estreita relación.

Ponentes da talla de Carlos Jean, Jesús Calleja e Richard Stallman daranse cita neste congreso.

Programa e inscricións

Nova edición do Programa BIC I-TEAMS

A Consellería de Economía e Industria pon en marcha unha nova edición do Programa BIC I-TEAMS, no que participarán 12 pemes para desenvolver proxectos de innovación

O Programa BIC I-TEAMS para 2012 será presentado nunha xornada que se celebrará o próximo 27 de xuño en Santiago de Compostela, e que contará coa exposición de casos de éxito de innovación como os das empresas Unio Ingenieros e GeneAqua.

Poderán participar no Programa BIC I-TEAMS as pemes que busquen a redefinición ou a mellora da súa oferta de produtos e servizos, se teñen menos de 48 meses e son de base tecnolóxica ou de coñecemento.

A Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, a través do Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia (BIC Galicia), pon de novo en marcha o Programa BIC I-TEAMS, deseñado para ensinar a innovar ás empresas galegas de base tecnolóxica e de recente creación, mediante a definición dunha carteira de proxectos de innovación e a concreción dun proxecto específico, en forma de nova proposta de produto ou servizo innovador; que xa axudara o ano pasado a 15 firmas a desenvolver procesos de innovación.

O Programa para 2012 será presentado o próximo 27 de xuño en Santiago de Compostela por Maite Cancelo, directora xeral de BIC Galicia, e Christian Larsson, experto en innovación e xerente da empresa de enxeñería Larpro Engineering

A xornada contará coa exposición de casos de éxito no marco de BIC I-TEAMS, como os das empresas Unio Ingenieros e Geneaqua. Os interesados en participar poderán inscribirse a través do correo electrónico iteams@bicgalicia.es, con data límite o luns 25 de xuño.

A metodoloxía de BIC I-TEAMS está especialmente adaptada ás necesidades das empresas que leven pouco tempo funcionando, tendo en conta os seus recursos limitados. Por iso, os requisitos de participación no Programa son que as empresas teñan menos de 48 meses e sexan de base tecnolóxica ou de coñecemento.

O equipo do Programa impartirá formación práctica e asesoramento individualizado en cada unha das firmas participantes, para que as empresas novas aprendan a desenvolver por si mesmas unha cultura empresarial de innovación e as habilidades necesarias para ofrecer produtos e servizos de alto valor engadido, axeitados ás esixentes demandas actuais dos mercados. Seguindo ese método, pódense xerar resultados en forma dunha nova carteira de proxectos e un proxecto específico de innovación nun período de tempo menor de 3 meses.